A verinense Miri Barreira, primeira Comisionada do Goberno fronte ao Reto Demográfico

Miri Barreira no recente Congreso do PP de G
Hoxe o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se crea o Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico e regúlase o seu réxime de funcionamento e nomeu a ourensá Edelmira Barreira Diz, para que sexa a primeira comisionada.

O desequilibrio da pirámide poboacional, fenómeno común nos países da nosa contorna, é especialmente grave en España, onde dez Comunidades Autónomas – entre elas Galicia - contan cun saldo vexetativo negativo. Prognostícase unha perda de máis de medio millón de habitantes en 2031 e de máis de cinco millóns de habitantes en 2066.

A Conferencia de Presidentes, na súa reunión do 17 de xaneiro de 2017, acordou impulsar medidas específicas respecto diso e encomendou ao Goberno da Nación, coa colaboración das distintas Administracións Públicas, a elaboración dunha Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico de natureza global e transversal.

A través da norma hoxe aprobada créase a figura do Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico, que se encargará de elaborar e desenvolver dita Estratexia Nacional, a cal ha de recoller o conxunto de propostas, medidas e actuacións necesarias para alcanzar o equilibrio da pirámide poboacional. Á parte de elaborar a devandita Estratexia, corresponderalle ao Comisionado impulsar e executar as medidas necesarias; colaborar e canalizar as medidas que sexan adoptadas por outras Administracións sobre esta materia; solicitar das Administracións a información que requira para o exercicio das súas funcións, así como informar o Goberno do resultado das súas actuacións, como funcións máis relevantes.

O cargo de Comisionado terá rango de subsecretario e dependerá orgánicamente do Ministerio de Presidencia e para as Administracións Territoriais, e funcionalmente dese Ministerio e do de Facenda e Función Pública. 

No seu seo constituiranse diversos grupos de traballo onde estarán representados os departamentos e as Administracións e entidades afectadas por esta materia. A creación deste órgano non supoñerá incremento do gasto público.

Miri Barreira, naceu en 1978 en Verín é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela.

Taraballou na Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza e Interior da Xunta de Galicia e na Secretaría de Política Social do Partido Popular.

Na IX Lexislatura foi directora adxunta da Asesoría do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados.

En decembro de 2011 foi nomeada directora adxunta do Gabinete da Vicepresidenta do Goberno. Durante a XI e XII Lexislaturas foi senadora pola provincia de Ourense. Actualmente era a portavoz adxunta do Grupo Parlamentario Popular e membro da Deputación Permanente do Senado.

As miñas felicitacións máis efusivas a Miri Barreira, compañeira do PP de Ourense, persoa de enorme valía e capacidade de traballo, e por suposto boa coñecedora da problemática demografíca que é o principal problema da nosa provincia.

Estou seguro de que terá éxito á fronte de tan importante responsabilidade. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.