Os aeroportos da rede de AENA pechan 2016 con 230,22 millóns de pasaxeiros, deles 4,52 millóns nas tres terminais de Galicia

Informaba onte AENA que os aeroportos da súa rede pecharon 2016 con 230,22 millóns de pasaxeiros, un 11% máis que no ano anterior, no que é xa o mellor ano da súa historia, tras bater o récord alcanzado en 2007, previo á crise (210,4 millóns de viaxeiros).

Durante 2016, houbo 2,04 millóns de operacións, o que supón un aumento do 7,5% con respecto ao ano anterior.

O excelente desenvolvemento do sector turístico fixo que se superen as propias estimacións do xestor aeroportuario que prevía pechar o ano 2016 cun crecemento do 6,2%.

Do total de pasaxeiros rexistrados en España durante o ano pasado, 161,7 millóns realizaron voos internacionais (+ 12%) e 67,5 millóns foron voos nacionais (+8,8%). Dos máis de 230 millóns de pasaxeiros, 229 millóns corresponderon a operacións comerciais (+ 11%).

No último mes do ano 2016, contabilizáronse 15,03 millóns de pasaxeiros nos aeroportos de Aena, un 12,6% máis, e 139.895 voos, un 6,5% máis.

O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas foi o que maior tráfico de pasaxeiros rexistrou de toda a rede, con 50,4 millóns de viaxeiros, un incremento do 7,7% sobre 2015. Seguiulle Barcelona- El Prat, segundo da rede, que logrou en 2016 o seu récord en número de pasaxeiros, con 44,1 millóns de viaxeiros, un 11,2% máis que un ano antes, e 307.864 operacións, o que supón un incremento do 6,6%.

O Aeroporto de Palma de Mallorca sumou 26,2 millóns de pasaxeiros en 2016, o que supón un 10,6% máis, cun total de 197.639 operacións (+10,9%). Seguíronlle o aeroporto Málaga-Costa do Sol con 16,6 millóns de viaxeiros (+15,7% e +13,6% de voos); Alacante-Elxe con 12,3 millóns (+16,7% e +17,6% de voos) e Gran Canaria con 12 millóns de pasaxeiros (+13,8% e +11,5% en voos).

Aeroportos de Galicia:

En 2016 os tres aeroportos galegos moveron un total de 4.528.037 millóns de pasaxeiros e tiveron 48.469 operacións. Unhas cifras excelentes.

- O Aeroporto de Santiago de Compostela sumou 2,51 millóns de pasaxeiros en 2016, o que supón un 9,3 % máis, cun total de 21.277 operacións (+ 3,6 %).

- O Aeroporto de A Coruña sumou 1,06 millóns de pasaxeiros en 2016, o que supón un 3,7 % máis, cun total de 15.635 operacións (+ 6,5 %).

- O Aeroporto de Vigo sumou 954.000 pasaxeiros en 2016, o que supón un 33,7 % máis, cun total de 11.557 operacións (+ 20,6 %).



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.