Aprobado o proxecto de construción da plataforma do ramal de conexión da LAV coa liña convencional en Taboadela

Acabamos de coñecer que con data 2 de novembro de 2016, o Presidente da Entidade Pública Empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, ADIF, resolveu aprobar provisionalmente o "PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE PLATAFORMA. LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID - GALICIA. TRAMO: RAMAL DE CONEXIÓN COA LIÑA CONVENCIONAL EN TABOADELA".

Con data 3 de novembro de 2016, publícase no B.O.E. nº 266, a Resolución do 20 de outubro de 2016 da secretaría de estado de Medio Ambiente, pola que se formula informe de impacto ambiental do proxecto de construción de plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense, proposta de novo vertedoiro.

Con data 27 de decembro entréganse os oficios Información pública sobre a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados cuxa expropiación forzosa é necesaria para a execución das obras deste proxecto, no Concello de Taboadela e na Subdelegación do Goberno en Ourense.

Exprópiase o pleno dominio das superficies que ocupen a explanación da liña férrea, os seus elementos funcionais e as instalacións permanentes que teñan por obxecto unha correcta explotación, así como todos os elementos e obras anexas ou complementarias definidas no proxecto que coincidan coa rasante do terreo ou sobresaian del, e en todo caso as superficies que sexan imprescindibles para cumprimentar a normativa legal vixente para este tipo de Obras, en especial as contidas no título II da Lei 38/2015, do 29 de setembro, do Sector Ferroviario, relativa ás limitacións á propiedade e que se concretan co Real Decreto 2387/2004, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Sector Ferroviario.

A expropiación dos terreos resultantes da aplicación dos criterios e parámetros anteriormente expostos afecta a unha superficie de 122.409 m², dos cales o 100% corresponden a terreos catalogados como chan rural.

O obxecto da actuación non ten servidumes.

Respecto das ocupacións temporais, defínense deste xeito aquelas franxas de terreos que resultan estritamente necesarios ocupar, para levar a cabo, a correcta execución das obras contidas no proxecto e por un espazo de tempo determinado, xeralmente coincidente co período de finalización de execución das mesmas.

Ditas franxas de terreo adicionais á expropiación teñen unha anchura variable segundo as características da explanación, a natureza do terreo e do obxecto da ocupación. Ditas zonas de ocupación temporal utilizaranse, entre outros usos, principalmente para instalacións de obra, provisións de terra vexetal, talleres, almacéns, laboratorios, depósitos de materiais e en xeral para todas cantas instalacións ou labores sexan necesarios para a correcta execución das obras definidas no Proxecto. Ocúpanse 14.834 m² de Ocupación Temporal, para este tipo de instalacións.

Informa ADIF que non é necesario realizar expropiacións en terreos para dispoñer de préstamos ou para vertedoiros.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.