viernes, 20 de enero de 2017

Na presentación de Termatalia Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar que regresa en 2017 a Ourense

Asisto onte en FITUR a presentación de Termatalia Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que regresa en 2017 a Ourense.

Neste acto os organizadores da feira estiveron arroupados por representantes dos organismos, públicos e privados, que contribuíron a situala como marca mundial do termalismo. Empezou a intervención a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen indicou que "Termatalia dá visibilidade internacional ao potencial de Galicia en Turismo Termal, o que axuda a facer máis competitivos aos nosos establecementos".

Tamén participou o subdirector de Turespaña, Rafael Chamorro, quen indicou que "dous millóns dos 75 turistas que nos visitaron, utilizaron servizos relacionados co turismo de saúde e wellness. É un nicho con moito potencial e Termatalia pode ser o barco no que promocionarnos a nivel mundial"

Tamén interviñeron en leste o presidente de Balnearios de España e do ICTE, Miguel Mirones; o viceministro de Turismo de Venezuela, Alí Padrón; o presidente de Turismo Porto e Norte, Melchior Moreira; o presidente da Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV), Rafael Galego; o presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Francisco González; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández. Estiveron acompañados ademais pola presidenta de FEHGRA Arxentina, Graciela Fresno, o presidente de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces, a delegada terriotrial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, e por representantes de Procolombia.

A presentación da próxima edición correu a cargo do director de Termataliam Alejandro Rubín, que destacou os grandes valores da feira que a sitúan a nivel mundial: "o capital relacional, o coñecemento e o negocio".

INFORMACIÓN DA FEIRA

A 17ª edición desta cita celebrarase os días 20 e 21 de setembro e convocará a profesionais de máis de 25 países. Consolidado o seu papel de ponte termal entre Europa e América Latina, Termatalia dá un paso máis e amplía o seu radio de acción incorporando os mercados de Oriente Próximo e Asia Pacífico. Isto supón unha rede de 26 delegacións en 54 países de 4 continentes, o que contribúe a xerar novas oportunidades entre os axentes integrados na rede estratéxica de Termatalia, que é altamente especializada neste nicho de mercado.

A profesionalización do sector, tanto a nivel turístico como industrial e empresarial seguirá ocupando un lugar destacado na feira a través da Bolsa de Contratación Turística entre Operadores de turismo e Establecementos turísticos, Provedores de Bens de Equipo e potenciais importadores de diversos países, augas de bebida envasadas e distribuidores así como visitantes profesionais procedentes de entre 20 e 30 países. 

Centro de capacitación termal

As accións profesionais previstas para a próxima edición reforzarán ademais outro gran valor de Termatalia, que é o intercambio de coñecemento e a capacitación no sector. Destaca o papel que xoga a feira na cooperación académica ou institucional. Froito disto será a celebración de forma paralela á feira do II Simposio Internacional sobre termalismo e Calidade de Vida organizado polo "Campus da auga " Universidade de Vigo. 

A realización de cursos de capacitación profesional pre e post feira con profesionais e en centros termais de Galicia volverán situar a esta comunidade como gran centro de capacitación termal. Nestas accións formativas complementarias que poderán participar as delegacións de profesionais que visiten a feira. Ata o momento, Termatalia facilitou a capacitación de varias delegacións internacionais (Chile, Colombia) que acudiron a Galicia a formarse no sector. 

Dentro destes cursos de capacitación destacará o workshop sobre "Creación de paquetes de turismo de saúde" co obxectivo de recompilar os recursos dun destino para crear unha oferta turística termal atractiva.

Ademais, a presenza en Ourense de delegacións profesionais de máis de 25 países converterán á cidade en capital termal mundial os días da feira. Estes profesionais  realizarán tamén rutas por Galicia para coñecer a oferta de benestar da contorna, o que contribuirá á promoción internacional desta comunidade como líder en Turismo Termal en España.

Promoción internacional

Para sumar expositores e profesionais, Termatalia arrinca en FITUR unha intensa campaña de promoción internacional que a levará nos próximos meses estará presente nos principais foros mundiais de turismo e termalismo como Thermalies en París, a ITB de Berlín, a HTI-Conference de Croacia, ou o Congreso Anual da Asociación Europea de Balnearios (ESPA), ademais de accións promocionais e académicas en Chile e outros países de América Latina.

Doutra banda, está previsto que proximamente se anuncie a sede elixida para celebrar en 2018 a que será a cuarta edición de Termatalia en América Latina. Colombia e Brasil son os dous países que se postularon para acollela.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta