Medra a confianza dos fogares galegos debido ás mellores perspectivas da situación económica, da evolución do emprego, da situación financeira persoal e da capacidade futura de aforro

Difunde onte o Instituto Galego de Estatística (IGE)  a  Enquisa Conxuntural a Fogares correspondente ao cuarto trimestre de 2016.
Trátase dun indicador, de carácter trimestral, que mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.
Na enquisa ponse de manifesto que a confianza dos fogares galegos correspondente ao cuarto trimestre de 2016 medrou 5,88 puntos respecto ao terceiro trimestre debido ás mellores perspectivas da situación económica, da evolución do emprego, da situación financeira persoal e da capacidade futura de aforro.
Ademáis as perspectivas sobre a situación económica de Galicia e a evolución do desemprego evolucionan de forma positiva, xa que no cuarto trimestre melloran en 7,18 e 5,9 puntos respectivamente, en comparación co terceiro trimestre.
De igual forma, tamén mellora a opinión dos fogares galegos sobre a situación financeira persoal, que medra 5,71 puntos con respecto ao terceiro trimestre, mentres que as perspectivas sobre a capacidade futura de aforro melloran en 4,77 puntos.
O organismo estatístico da Administración autonómica tamén analiza na Enquisa Conxuntural a Fogares a situación económica dos fogares da Comunidade galega ao longo dos últimos tres meses.

Os datos correspondentes ao cuarto trimestre do 2016 sinalan que o número de fogares que declara chegar con algún tipo de dificultade a fin de mes reduciuse en máis de un punto en comparación co terceiro trimestre do ano, e en máis de 5 puntos en relación ao cuarto trimestre de 2015.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.