miércoles, 4 de enero de 2017

A afiliación á Seguridade Social crece en 540.655 persoas, o mellor resultado da última década nun mes de decembro

Coñecemos hoxe que a afiliación media á Seguridade Social en España sitúase en 17.849.055 persoas en decembro, o maior rexistro desde outubro de 2009.

O mes de decembro está influenciado pola campaña de Nadal e a paréntese natural en actividades como a industria ou a construción.  

En decembro, a afiliación aumentou en 68.531 persoas (0,39%), alcanzando once CCAA máis Ceuta, especialmente Andalucía en plena campaña da oliva.

En termos desestacionalizados, a ocupación avanza un mes máis (41.438) e acumula 36 en positivo.

O Réxime Xeral crece en 72.112 persoas (0,50%), ata alcanzar os 14.591.908 ocupados. A  afiliación en decembro aumenta sobre todo en Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas, con 34.821 ocupados máis (1,51%). Séguenlle Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, que suma 19.111 traballadores (1,37%%); Actividades Artísticas e Recreativas e de Entretemento, 4.101 (1,79%); Transporte e Almacenamento que aumenta en 3.915 (0,61%) e Administración Pública, Defensa; Seguridade Social Obrigatoria, 3.044 (0,30%).

En sentido contrario, destaca a Construción, con -17.657. Así mesmo hai descensos en Hostalería, -13.850 ou Industria Manufactureira, -8.566.

En canto ao Sistema Especial Agrario experimenta un importante aumento de 49.300 afiliados (6,45%), o que garda relación coa boa campaña da oliva en Xaén e Córdoba. Na actualidade conta con 813.972 afiliados medios.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar practicamente mantense (-0,03%) e suma en conxunto 427.845 ocupados.

O Réxime de Autónomos engloba a 3.194.210 persoas, tras aumentar en 316 afiliados en decembro. O Réxime Especial do Mar descende en 3.862 persoas (-6.03%), co sitúase en 60.220 coincidindo co fin de varias campañas do litoral mediterráneo.  Finalmente, o Carbón descende en 36 afiliados (-1,30%).

Por Comunidades Autónomas, a afiliación increméntase en once CCAA máis Ceuta:  Andalucía, con 52.139  ocupados máis (1,82%); a Comunidad de Madrid, 16.015 afiliados (0,54%); a Comunidade Valenciana, 5.550 (0,32%), Canarias, 5.210 (0,69 Cataluña, 4.689 (0,15%); País Vasco, 3.039 (0,33%); Aragón, 2.319 (0,44%); Región de Murcia, 1.960 (0,37%); Castila-A Mancha, 1.895 (0,29%); A Rioxa, 264 (0,22%); Asturias, 158 (0,04%) e Ceuta, 76 (0,36%).

En sentido contrario, Baleares (-14.496), Galicia (- 4.809), Castela-León (-2.374), Cantabria (-1.501), Navarra (-1.359), Melilla (-218) e Estremadura (-25).

RESPECTO DE 2015

En termos interanuais, decembro conta con 540.655 afiliados medios máis, o 3,12%. É o maior aumento anual nun mes de decembro, na última década.

En concreto, Réxime Xeral suma 512.733 traballadores, o 3,64%.

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos avanza en taxa anual o 0,83%, o que se traduce nun aumento de 26.211 persoas. O Réxime do Mar aumenta un 4,55% (2.621) e o Carbón descende en 910 persoas (-25,09%).

En relación ao ano pasado a ocupación crece en todos os territorios autonómicos (incluídas as cidades autónomas de Ceuta e Melilla). Destacan Cataluña, con 119.185 afiliados máis (3,88%); Comunidad de Madrid, con 94.753 (3,30%); Andalucía, con 77.687 (2,74%) e Comunidade Valenciana, con 61.191 (3,59%).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 963.735 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 4.809 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 0,50 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 17.613 ocupados (1,86 %). Con respecto ás afiliacións, apuntou que seguen aumentando. Xa son 33 as subidas consecutivas, desde abril de 2014, nas que Galicia rexistra unha interanual positiva.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2016 con 726.858 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 215.572 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.305 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 100.633 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 287 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (- 0,28 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 1.274 ocupados, (1,28 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2016 con 75.212 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 25.421 afiliados medios. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta