sábado, 7 de enero de 2017

A cidade de Ourense brillou con luz propia no Nadal

A campaña de Nadal “Ourense con Luz Propia” chegou o xoves o seu fin,  coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis que rematou  por vez primeira, cun innovador espectáculo de fogos artificiais nas marxes do río Miño a cargo da pirotecnia ourensá Josman.

Coido que o Concello de Ourense pode estar satisfeito e que está acadado o obxectivo de  posicionar á cidade como a Capital Galega do Nadal.
Todos puidemos constatar a completísima axenda de máis de 200 actividades para todos os públicos, que encheron o Nadal de ocio, diversión e desfrute para toda a familia.

Destacar o excelente alumeado das rúas, nas Burgas, na Praza Maior, na Capela de San Cosme, etc. O belén dos xardíns do Padre Feijóo, o Belén de Baltar e o VideoMapping na Praza Maior.

Houbo concertos de diversos estilos para nenos e maiores, animación musical de rúas, en diversos barrios da cidade.

A cidade notou a afluencia de visitantes foráneos, atraídos pola gran oferta desta campaña que tivo cosecuencias positivas no  comercio e na hostalería.

En definitiva, Ourense brillou con luz propia neste Nadal, como o acredita este preciosa fotografía que publicaba Oscar Saánchez no seu Twiiier.

Parabens ao alcalde Jesús Vázquez, a concelleira Belén Iglesias e a todo o seu equipo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta