A economía española crece un 3,2% en 2016 e encadea tres anos á alza

Informa hoxe o Instituto nacional de Estatística que o Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía española rexistra unha variación do 0,7% no cuarto trimestre de 2016 respecto ao trimestre precedente , segundo a Estimación avance do PIB trimestral. Esta taxa é similar á rexistrada no trimestre anterior.

A variación anual do PIB no cuarto trimestre de 2016 sitúase no 3,0 %, dúas décimas inferior á rexistrada no terceiro trimestre (3,2%).

Por agregación temporal dos catro trimestres, o crecemento en volume do PIB no conxunto do ano 2016 estímase nun 3,2%.

Sumamos pois en España tres anos seguidos á alza ( 1,4 % en 2014, 3,2 % en 2015 e 3,2 % en 2016.


Cúmprense así as previsións que realizaba o día 10 de xaneiro o ministro de Economía, Industria e Competitividade, Luís de Guindos, cando afirmaba que o crecemento económico de 2016 sería "polo menos tan forte como foi o ano anterior".

Sinalar tamén que este dato avanzado polo INE coincide coas últimas previsións de crecemento calculadas polo Banco de España, que elevou o pasado decembro a taxa de crecemento nunha décima, ata o 3,2%. 

Hai que felicitarse por estes datos de crecemento do PIB que esperamos continúen en 2017, ano no que as previsións oficiais sitúanse ao redor de que a economía española crecerá por encima do 2,5%.

Fonte: INE

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.