miércoles, 18 de enero de 2017

En FITUR, na presentación de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Asisto esta tarde en FITUR á presentación da 18ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Unha feira que alcanza a súa maioría de idade e que se celebrará en Ourense entre o 1 e o 5 de febreiro.

Foi un acto ao que acudiron representantes públicos e privados de España e de Portugal, de Panamá (país convidado nesta edición), tamén de México e Arxentina que xa participaron como convidados e que quixeron seguir vinculados ao proxecto. 

A primeira intervención desta presentación correu a cargo da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou o valor de Xantar como "o mellor escaparate do enorme potencial de Galicia como destino enogastronómico" e sinalou o "carácter desestacionalizador da gastronomía na oferta turística galega".

Tamén interviñeron na presentación de Xantar 2017, o subdirector de Turespaña, Rafael Chamorro, quen indicou que "España recibiu 75 millóns de turistas o pasado ano. Creceu o número pero tamén a rendibilidade. Buscamos un turista cada vez máis rendible e que faga maior investimento, e ese é o gastronómico". 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, coincidiron en destacar a riqueza da oferta gastronómica tanto da provincia como do seu capital.

En representación de Portugal acudiron directivos da Entidade de Turismo Porto e Norte e de Turismo dous Açores. Representando ao país invitado, interveu a embaixadora de Panamá en España, María  Mercedes de la Guardia, que convidou a descubrir en Xantar a "gastronomía fusión" deste país.

A presentación da próxima edición de Xantar correu a cargo do director do salón, Alejandro Rubín, quen definiu a participación nesta cita como "unha experiencia enogastronómica que permite percorrer o mundo ampliando cada ano novos destinos internacionais". Rubín destacou unha vez máis a cooperación público-privada como parte do éxito de Xantar.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta