jueves, 19 de enero de 2017

O conxunto dos servizos de Alta Velocidade en España foron utilizados en 2016 por 35.214.000 viaxeiros, case 1,8 millóns de viaxeiros máis que en 2015

Difundiu onte Renfe a moi boa noticia de que alcanzou en 2016 un rexistro de 472,4 millóns de viaxeiros nos seus servizos de transporte ferroviario tras un incremento global de 7,2 millóns respecto de 2015. 

Especialmente importantes foron os crecementos nos diferentes servizos de Alta Velocidade (1,8 millóns de viaxeiros máis) e en Proximidades.

En Alta Velocidade, Renfe opera no mercado dos transportes cos servizos AVE, Alvia (alta velocidade con ancho variable, que circula polos dous tipos de vías que existe en España) e Avant (alta velocidade de media distancia).

Neste sentido, os servizos comerciais AVE rexistraron 20,4 millóns de viaxeiros tras un aumento do 4,8 %, mentres que os servizos públicos Avant alcanzaron os 7,4 millóns de viaxeiros, tras un aumento do 10 %.

Salientar que en 2016 no corredor de servicios Avant entre Ourense-Santiago-A Coruña o número de viaxeiros foi de 645.000, o que representa un incremento do 48 % en relación co ano 2015.

Outros 7,4 millóns de viaxeiros utilizaron os servizos de longa distancia mixtos, fundamentalmente Alvia, que utilizan indistintamente as liñas de ancho internacional e as vías convencionais. Estes servizos permiten estender as vantaxes de alta velocidade máis aló das liñas de ancho internacional, o que repercute en mellores tempos de viaxe en case un centenar de estacións de toda España. 

Con estes resultados, o conxunto dos servizos de Alta Velocidade en España foron utilizados en 2016 por 35.214.000 viaxeiros, case 1,8 millóns de viaxeiros máis que en 2015. Esta cifra supón un récord absoluto do uso da Alta Velocidade en España. 

Por outra banda, os servizos públicos de proximidade rozaron os 410 millóns de viaxeiros en 2016, cun aumento de 6 millóns de usuarios. 

Os servizos de Media Distancia convencional experimentaron un lixeiro descenso, relacionado co transvasamento destes viaxeiros a servizos de proximidade ou de Alta Velocidade, especialmente aos Alvia e os Avant. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta