sábado, 7 de enero de 2017

Unha nova cultura paisaxística para que a integración dos proxectos na paisaxe sexa considerada unha marca de calidade

O pasado quince de decembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, daba contra do inicio da tramitación da avaliación ambiental das Directrices de paisaxe co fin de aprobalas en 2017.  Néstos primeiros días do novo ano, os medios de comunicación Galan desde tema e esperan a miña curiosidade e leo a web da Xunta para informarme.

Trátase dunhas directrices que nacen da labor de investigación que se fixo cos Catálogos de Paisaxe e que permitirán establecer uns obxectivos de calidade para cada unidade da paisaxe e garantir unha mellor xestión e protección de todas elas.

As Directrices de paisaxe constitúen unha folla de ruta na que primeiro se traballou a nivel interno e nos últimos meses se someteu á consideración pública para tentar que sexa un documento de consenso que involucre a todos.  Tamén son unha obriga legal, tal e como figura na Lei de protección de paisaxe de Galicia, e unha obriga colectiva da sociedade, xa que cómpre diagnosticar os obxectivos de calidade e garantir unha mellor xestión e protección.

Son catro tarefas que se marca a Administración autonómica coas Directrices de paisaxe: a definición dos obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe; unha proposta de medidas e accións específicas para acadar a recuperación daquelas áreas nas que existen ámbitos degradados; unha descrición dos indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe; e unha serie de normas e recomendacións para a definición dos plans urbanísticos e sectoriais e das estratexias rexionais ou locais.

Deste xeito, o documento inclúe catro tipos de directrices coas que dar resposta aos diferentes obxectivos de calidade paisaxística. 

Por unha banda, hai unhas directrices xerais para toda Galicia, co fin de que a paisaxe se inclúa no planeamento urbanístico, nos distintos instrumentos de ordenación ou xestión do territorio e tamén para a integración paisaxística das construcións en solo rústico.

Así mesmo, o documento incluirá unhas directrices para elementos que existen en distintos tipos de paisaxe, como son as infraestruturas enerxéticas e viarias, os parques eólicos, bancais, peches, valados, elementos do patrimonio cultural materiais e inmateriais, polígonos industriais, sendas, os itinerarios do Camiño de Santiago, miradoiros, viarios históricos e tradicionais e puntos de observación.

Ademais, incluiranse directrices para acadar os obxectivos de calidade paisaxística de cada unha das 12 Grandes Áreas Paisaxísticas e nas diferentes unidades de paisaxe definidas no Catálogo; e directrices para as Áreas de Especial Interese Paisaxístico e para os Ámbitos de Especial Atención Paisaxística. Neste último caso, serán normas e recomendacións máis específicas.

Agora as Directrices cursan a tramitación necesaria, comezando polo trámite de Avaliación Ambiental e co obxectivo de que estean aprobadas definitivamente neste ano.

Sen dúbida Galicia precisa que a integración paisaxística sexa un criterio en todas as actuacións que se fagan desde as Administracións. Acadar  unha nova cultura paisaxística para que a integración dos proxectos na paisaxe sexa considerada unha marca de calidade. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta