miércoles, 14 de diciembre de 2016

Rajoy defende un financiamento autonómico estable e suficiente

Celebramos esta mañá a habitual sesión de control ao Goberno no Pleno do Congreso, o presidente Mariano Rajoy respostou a tres preguntas.

En resposta ao portavoz do PSOE, Antonio Hernando, que preguntou pola Lei de Seguridade Cidadá, o presidente Rajoy dixo que que derrogar as normas que se aprobaron na pasada lexislatura, "moitas das cales produciron efectos positivos moi importantes para o conxunto dos españois", non é a "mellor maneira de construír nin de facer unha achega ao interese xeral de todos".

Segundo o xefe do Executivo, é "unha broma" afirmar que hoxe en día se produce en España unha "ausencia de dereitos ou de goce de liberdades" ou "un problema de liberdade para exercer o dereito de manifestación". De feito, Rajoy lembrou que só o 0,02 por cento das denuncias relacionadas coa citada lei son por manifestacións -en relación con disturbios ou por non pedir permisos-, a inmensa maioría son por delitos de drogas ou por tenencia de armas ou explosivos.

E deputado de Foro Asturias, integrado no Grupo Mixto, Isidro Manuel Martínez Oblanca, preguntou  polo novo sistema de financiamento autonómico. O presidente explicou que tanto o modelo que se aprobe en breve como os investimentos do Estado (incluídas nos Orzamentos Xerais do Estado 2017) deben garantir "a solidariedade e a igualdade", posto que son "principios constitucionais que inspira o noso ordenamento xurídico".

Tras afirmar que o actual financiamento autonómico ten "deficiencias" que hai que corrixir, Rajoy subliñou que as negociacións do novo modelo comezarán coa Conferencia de Presidentes de Comunidades Autónomas, fixada para o próximo 17 de xaneiro. Aínda que admitiu que estas negociacións non van ser "fáciles", mostrouse convencido de que "chegaremos a un entendemento entre todos".

Ademais, o presidente explicou que o novo modelo debe garantir "un financiamento estable e suficiente" para que "todos os españois poidan acceder aos servizos públicos en igualdade de condicións, vivan onde vivan". E o mesmo sucede cos investimentos que se recollerán nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017: "Imos tentar buscar unha repartición equitativa, impulsar actuacións que redunden en beneficio do interese xeral".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta