miércoles, 14 de diciembre de 2016

Un paseo polo Nadal de Galicia e "Ourense con luz propia"

Acudo hoxe pola mañá na Casa de Galicia acompañado por Miguel Viso á presentación do programa “Un paseo polo Nadal de Galicia” pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pensada para promover a oferta turística da Comunidade nesta época do ano.
Nesta presentación tamén participou o delegado da Xunta en Madrid,José Ramón Ónega, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Turismo e Comercio de Viveiro, Marisol Rey.
O programa “Un paseo polo Nadal de Galicia” aglutina numerosas actividades especiais como os beléns, salpicados por toda a Comunidade, os mercados de Nadal das sete grandes cidades; actividades de artesanía como Artenadal, en Lugo, ou Ofeitoaman, en Vigo; e de tipo cultural como o “Nadal no Gaiás” e outros eventos de música, teatro, xogos ou concursos.
Nava Castro explicou que o programa presentado propón 17 actividades belenísticas, entre as que resaltou o belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o belén electrónico de Begonte, en Lugo, os dous declarados Festa de Interese Turístico de Galicia.
A directora de Turismo destacou que este programa demostra que “Galicia é un destino multiexperiencial, cunha grande oferta turística para todos os públicos e ao longo de todo o ano”. En Nadal, segundo afirmou, Galicia “ofrece numerosos atractivos que a converten no destino perfecto para disfrutar de estas sinaladas datas”.
O alcalde de Ourense Jesús Vázquez presentou neste mesmo acto a campaña do Nadal "Ourense con luz propia" que o Concello programou para este ano e que conta con máis de 200 actividades para toda a familia e todas as idades, coas que pretende converter á cidade na "Capital Galega do Nadal".

Fixo unha especial referencia ao Belén do escultor Arturo Baltar, que abrirá as súas portas este venres ás 19h, con iluminación especial e sorpresas na Praza de San Cosme, e que está  formado por unhas cincocentas pezas entre as que se poden recoñecer personaxes populares dá cidade dás Burgas.

Tamén falou do XXI Concurso de beléns de Ourense, da sorprendente iluminación da cidade e das suas potencialidades turísticas (compras, termalismo, gastronomía, cultura, patrimonio, etc..)

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta