Fomento mantén o compromiso de que a alta velocidade chegue a Ourense, tal e como estaba previsto, a través da denominada variante exterior, que unirá Taboadela con Ourense

Onte nun programa de televisión española, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, foi entrevistado sobre cuestións do seu departamento.  Falou da necesidade de que Fomento sexa cada día máis eficiente co diñeiro público. E neste contexto fixo unha reflexión sobre a proxectada variante exterior de alta velocidade de Ourense: “se por catro minutos de viaxe merece a pena destinar 600 millóns de euros ou se é mellor empregar ese investimento noutro fin” engadindo que o “debate centrouse máis en canto diñeiro hai que investir e menos en termos de tempos de viaxe”

Estas manifestacións xeraron unha forte reacción nos medios de comunicación de toda Galicia, ao entenderse que se estaba cuestionando  esta variante ferroviaria.

No meu caso fixen unhas declaracións que foron recollidas no diario La Región, nas que sostiven que a variante exterior "é necesaria como todos os quilómetros da conexión, e que é ademais sustentable economicamente e funcionalmente, e que se defende con argumentos". Lembrei ademais que o proxecto xorde do consenso alcanzado en 2013 entre todas as administracións e que nos últimos realizáronse diferentes avances para a súa licitación. E engadín que  "entendería unha solución temporal mentres non se finaliza, pero outra cousa é que se converta en definitiva".

Hoxe pola tarde desde o Ministerio de Fomento remitiuse unha nota que literalmente di:

“O ministro de Fomento, Íñigo da Serna reitera  o compromiso do Ministerio de Fomento coa alta velocidade a Galicia. Este compromiso concrétase na vontade do Ministerio de axilizar todas as obras para que Galicia poida estar conectada por alta velocidade co resto de España no menor prazo posible.

Neste sentido, o Ministerio deu xa os primeiros pasos para desbloquear algúns dos tramos craves na conexión coa Meseta, que estaban parados por problemas técnicos, e cuxa continuación das obras permitirá dar un novo impulso a esta infraestrutura, clave para a vertebración e para a mellora da competitividade de España.

Fomento mantén tamén o compromiso de que a alta velocidade chegue a Ourense, tal e como estaba previsto, a través da denominada variante exterior, que uniría Taboadela con Ourense, e que nestes momentos atópase en fase de estudo ambiental.

O Ministerio quere aclarar deste xeito as dúbidas que se suscitaron no marco da reflexión de carácter xeral para buscar solucións que permitan anticipar a chegada da alta velocidade ás principais capitais españolas. En todo caso, a variante exterior deOurense está contemplada dentro dos proxectos que este Ministerio ten previsto executar. 

O obxectivo do Ministerio é trasladar aos cidadáns no menor prazo posible a mellora da calidade do servizo que supón contar cun ferrocarril moderno, sen renunciar en ningún caso aos compromisos adquiridos.”

Celebro este comunicado que ratifica o compromiso coa variante exterior de Ourense, e agradezo ao ministro que aclarase as suas declaracións.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.