Na búsqueda de fórmulas de achegamento en relación coa petición de transferencia da autoestrada AP-9 á C.A. de Galicia

Intervín onte en nome do GPP para fixar posición sobre a Proposición non de Lei do Grupo Confederal Unidos Podemos- En Comú  Podem-En Marea sobre "a transferencia da Autoestrada do Atlántico, AP-9, á Comunidade Autónoma de Galicia, de modo que poida converterse nunha autoestrada libre de peaxes"

Comecei dicindo que estabamos  ante unha iniciativa respectable, pero partidaria, e que non viña avalada polo conxunto da Cámara galega. "Non compartimos a súa exposición de motivos, chea de imprecisións e de incorreccions e cun rumbo tendencioso. Unha iniciativa na que demandan a transferencia pero dirixida a que  poida converterse nunha autoestrada libre de peaxe"

Despois fixen unha pregunta: ¿E isto quen o paga? ¿ De onde sairían os 4.300 millóns de que custaría o rescate?

Preguntei entón á deputada proponente Alexandra Fernández, de onde sairía este diñeiro: ¿recortaríase da educación, das pensións, da sanidade, dos servizos sociais, da dependencia ou das prestacións por desemprego? ¿Ou pola contra sairía de incrementos de impostos e nese caso de cales: do IRPF, do IVE, do Imposto sobre Sociedades? ¿De onde minoraríamos os servizos públicos esenciais para afrontar este custo absolutamente imprevisto?

Dixen que esta reflexión era moi importante e aludín neste sentido a que hai uns días o destacado columnista Roberto Banco Valdés escribía un artigo na Voz de Galicia que titulaba: ¿E se a AP-9 fose gratis, quen a pagaría?

Dixen que "non é serio plantexar unha política de gratis total, cando o noso País fixo e ten que seguir facendo unha política de redución do déficit público e ao mesmo tempo de mantemento do Estado do Benestar".

Defendín logo a nosa emenda, que cualifiquei como realista, pois o que pedimos é que o Congreso dos Deputados inste ao Goberno, para que a través do Ministerio de Fomento nesta Lexislatura que acaba de comezar inicie conversacións coa Xunta de Galicia.

Falei de que o 4 de novembro tomaba posesión o novo ministro de Fomento, Íñigo de la  Serna e o 12 de novembro tomaba posesión o presidente Feijóo. 

Dixen que ambos os dirixentes non tiveran aínda ocasión de falar das infraestruturas de Galicia e que tiñan pensado reunirse en datas próximas. E que "por iso nosa emenda ten como obxectivo convidar a unhas conversacións relativas a: a prestación do servizo público viario a de a autoestrada da Atlántico AP-9 nas mellores condicións, á planificación de obras actuacións de mellora e á análise da súa titularidade e competencias. Dada Autoestrada do Atlántico, AP-9, á Comunidade Autónoma de Galicia, de modo que poida converterse nunha autoestrada libre de peaxesunha transferencia pero iso si, no marco do consenso"

Dixen logo que chamaba poderosamente a atención que desde o Grupo Proponente non se falase das actuacións levadas a cabo na AP-9 na X lexislatura, cun esquecemento absoluto das obras que se están executando.

Citei as obras de ampliación da autoestrada AP-9 nos tramos Santiago Norte-Santiago Sur (circunvalación de Santiago), ligazón de Cangas- Ligazón de Teis e a ampliación da ponte de Rande.

Unhas actuacións  que están orzadas en 218 millóns de euros.

Dixen que os traballos de ampliación de capacidade da circunvalación da AP-9 de Santiago avanzan a bo ritmo cun grao importante de execución, a outubro do presente ano do 51 %. E  as obras de remodelación da ligazón de Sigüeiro á mesma data están ao 86 %. E engadín que están en curso as obras de ampliación de capacidade a AP-9 entre Cangas e Teis, incluído a ponte de Rande.

Por tanto hai investimento para mellorar unha autoestrada que necesita ampliar a súa capacidade. 

Censurei que tampouco a deputada proponente houbese dita nin media palabra sobre a política de bonificacións e descontos aplicada na AP-9.

Dixen que se asinou en febreiro de 2013 un Convenio entre a AGE e AUDASA para o establecemento das rebaixas da peaxe no percorrido Pontevedra- Vigo, de modo que se ampliou ata o 100 % o desconto, existente do  25 % da peaxe aplicada para da viaxe de retorno a vehículos lixeiros que realizan a ida e a volta no mesmo día, e dispoñen de sistema de peaxe dinámica ou telepeaxe (Vía T).

E din  datos de que desde o 13 de febreiro de 2013 ata o 31 de decembro de 2015, bonificáronse 5 millóns de percorridos que corresponden a máis 90.000 usuarios distintos. E que o importe total da nova bonificación (75%) ascendeu nestes 3 anos a 10 millóns de euros. "Claro que se está encima das bonificacións, claro que se está encima das reducións de peaxes, e está política debe continuar" engadín.

Seguín  logo  afirmando que "non foi un capricho do Goberno o expresar un criterio sobre a Proposición de Lei Orgánica do Parlamento de Galicia senón o exercicio dunha facultade prevista no apartado sexto do artigo 134 da Constitución que di que <>. E que o Goberno manifestou é que neste caso non hai un crédito orzamentario para facer fronte ao hipotético rescate da concesión que se expón na citada Proposición de Lei Orgánica.

Tiven que lembrar á deputada de En Marea, que se debateu no Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de marzo de 2007 unha PNL do GPP unha iniciativa sobre a transferencia á CA de Galicia das autoestradas AP-9 e AP-53,- gobernando Galicia o bipartito (PSOE+BNG) e que precisamente nese debate o BNG (ao que pertencían agora destacados líderes que están en Anova) votou en contra de que se solicitase.

E respecto do PSOE díxenlle ao seu deputado Guillermo Meijón que ademais de que en 22 anos de goberno socialista non outorgara esa transferencia (argumentando motivos legais e económicos) debería lembrar que nun recente Pleno do Congreso do 26 de maio de 2015 viuse  unha proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á C.A. de Galicia a iniciativa do BNG, na que os socialistas expresaron unha posición de abstención. E que nese debate o portavoz do GP Socialista dixo que: "a proposición de lei leva á AGE a unha situación francamente comprometida porque o Estado - que somos todos -  vese na obrigación asumir riscos xerados por unha concesionaria baixo a tutela da Comunidade Autónoma. O que están a expor é ..oia, asumimos a titularidade e despois se hai que rescatar que pague o Estado cando toque. Isto é pouco serio"

Terminei convidando o consenso e ao diálogo, a que os representantes dos novos gobernos de España e de Galicia que acaban de constituirse véxanse, falen deste tema e "busquemos unha postura de achegamento con realismo. Como dicía o presidente Feijóo este non é un asunto fácil, pero é un asunto que se ten e que se debe abordar"

Finalizado o debate, procedeuse á votación. Existindo empate a primeira, realizouse unha segunda e persistindo o empate suspendeuse a votación ata que concluíse a do resto das PNLs que se incluíron na orde do día. Por fin repetiuse por terceira vez a votación e o resultado foi de empate a 18, de modo que por aplicación do previsto no regulamento do Congreso, a iniciativa decaeu.

Este é a ligazón ao vídeo da sesión.

http://www.congreso.es/wc/wc/audiovisualdetalledisponible?codSesion=3&codOrgano=327&fechaSesion=30/11/2016&mp4=mp4&idLegislaturaElegida=12



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.