viernes, 2 de diciembre de 2016

Respecto de novembro de 2015, o desemprego descendeu en España un 8,66 %, en Galicia un 9,60 % e en Ourense un 9,27 %

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2016.

Son os seguintes:

 Ourense:

Sobe o paro rexistrado en novembro en relación co mes anterior en 834 persoas, un 3,80 %. 

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 2.326 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,27  %. 

O número de parados queda en 22.756, deles 10.181 son homes e 12.575 mulleres, 21.549 son maiores de 25 anos e 1.207 menores.

Por sectores, 1.310 son da agricultura, 2.906 da industria, 2.349 da construción, 14.156 nos servizos e 2.035 do colectivo sen emprego anterior. 

 Galicia:

 O paro rexistrado de Galicia medrou en novembro en 4.614 persoas con respecto a outubro (un 2,32  %). Concentrouse o incremento fundamentalmente nos sector servizos debido a que se prolongou este ano a tempada de verán. O incremento de paro en novembro prodúcese de xeito habitual, aumenta de xeito ininterrompido en novembro desde 1996, o inicio da serie histórica.

O número de parados queda en 203.554, deles 91.023 son homes e 112.531  mulleres, 193.717 son maiores de 25 anos e 9.837 menores.

Por sectores, 7.790 son da agricultura, 24.164 da industria, 21.516 da construción, 133.333 nos servizos e 16.751 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 21.604 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,60 %. É o maior descenso producido nun mes de novembro desde hai 18 anos en termos porcentuais.

Con respecto a hai 12 meses descende o número de persoas en paro nas principais variables: nas catro provincias, as 7 grandes cidades, todos os sectores, tramos de idade e tanto en homes como en mulleres.


Con respecto ao Estado, Galicia presenta un comportamento mellor que a media nacional, situándose a Comunidade case un punto por enriba (na media estatal baixa nun -8,66% fronte ao -9,60% de Galicia).



En canto ás provincias,  a de  A Coruña lidera a baixada con respecto a novembro de 2015 (-10,11%), seguida de Pontevedra (-9,28%), Ourense (-9,27%) e Lugo (-9,21%) e sobre os sectores de actividade, o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -17,39%, seguido da industria cun -12,24%. Ademáis o número de persoas sen emprego diminuíu nos colectivo de menores de 30 anos (-14,46%), os parados de longa duración (10,03%) e as mulleres (8,10%).

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou en novembro en 24.841 persoas en relación co mes anterior. Nos últimos 8 anos en leste mesmo mes o paro rexistrado aumentou, máis ou menos, en 43.219 persoas.

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados alcanza a cifra de 3.789.823 e continúa nos niveis máis baixos dos últimos 7 anos.

En termos desestacionalizados, o paro sobe en 14.543 persoas no mes de novembro.

Respecto de novembro de 2015 o desemprego descendeu en 359.475 persoas. O ritmo de redución interanual do paro rexistrado sitúase no 8,66%, o máis intenso nun mes de novembro desde o ano 1999. A diminución do paro acumulada desde o comezo do ano é de 303.685, a maior da serie histórica nun mes de novembro.

O desemprego entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos doce meses en 41.508 persoas, de tal maneira que o desemprego xuvenil redúcese un 11,3% interanualmente, por encima da media xeral do 8,66%.

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado increméntase en Agricultura en 3.908 (2;18%), en Industria baixa en 3.802 (-1,10%), en Construción diminúe en 4.524 (-1,22%), en Servizos sobe en 27.684 (1,09%). Por último no colectivo sen Emprego Anterior aumenta en 1.575 (0,48%).

O paro rexistrado baixa en 3 comunidades autónomas: a Comunidade Valenciana (-5.268), Madrid (-3.646) e País Vasco (-3.481). Sobe, en cambio, nos 14 restantes encabezadas por Illes Balears (11.388) e Galicia (4.614).

O número de contratos rexistrados durante o mes de novembro foi de1.743.708, o maior número de toda a serie histórica neste mes, supón unha subida de 138.865 (8,65%) respecto ao mesmo mes do ano 2015.

En novembro rexistráronse 154.854 contratos de carácter indefinido, supón un incremento de 21.987 (16,55%) sobre igual mes do ano anterior.

O número de contratacións indefinidas crece interanualmente un 16,6%, máis do dobre do que crecen os contratos temporais, 7,9%.

Desde xaneiro realizáronse 1.590.968 contratos estables, representa un incremento de 189.661 (13,53%) sobre o mesmo período do exercicio anterior.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta