Informa hoxe Adif
Alta Velocidade que concluíu a perforación do Túnel de Bolaños (vía esquerda),
situado no subtramo Vilariño-Campobecerros da Liña de Alta Velocidade (LAV)
Madrid-Galicia ao seu paso pola provincia de Ourense.
O túnel ten unha
lonxitude de 6.776 m, cunha sección libre unha vez terminado de 52 m2, que
albergará a vía esquerda do subtramo, así como beirarrúas a ambos os dous lados
da mesma para mantemento e evacuación.
Está situado entre
os termos municipais de Castrelo do Val e Vilariño do Conso. Discorre en
paralelo, a unha distancia aproximada de 30 metros, ao Túnel de Bolaños (vía
dereita), escavado con anterioridade.
Da lonxitude total,
6.605,2 metros escaváronse con tuneladora tipo “escudo simple” para roca, de
9,9 m de diámetro; 76,4 m escaváronse en mina, e queda pendente a execución de
2 falsos túneles de 54,2 m e 18 m en cada boca para permitir a integración
ambiental.
Dí ADIF que unha
das principais vantaxes do emprego de tuneladoras é que permite simultanear a
escavación coa instalación do revestimento definitivo. Así, este sistema
favorece unha redución considerable dos prazos de execución respecto dos
métodos convencionais.
O material escavado
é evacuado mediante cintas transportadoras ao exterior do túnel. O proxecto
inclúe unha planta de fabricación de dovelas a pé de obra, cun rendemento medio
de 126 dovelas diarias.
A obra tamén
destaca por un sistema de impermeabilización de túnel pioneiro en España, que
utiliza unha solución bicomponente para encher o oco xerado entre o diámetro de
perforación e o diámetro exterior do revestimento.
Medidas de
protección ambiental.
As obras van
acompañadas dunha serie de actuacións ambientais e de integración paisaxística
específicas para a zona. Neste sentido acordáronse coa administración
autonómica diferentes medidas para evitar afeccións á flora e fauna protexidas.
Un exemplo é o
tratamento das augas procedentes do túnel, que son sometidas a diferentes
procesos antes da súa vertedura ás canles naturais, co fin de que os parámetros
físico-químicos sexan conformes á lexislación aplicable.
Celebro especialmente esta noticia que acredita que ás obras de alta velocidade, complexas e costosas, avanzan inexorablemente.
Recibirá resposta
Celebro especialmente esta noticia que acredita que ás obras de alta velocidade, complexas e costosas, avanzan inexorablemente.
Recibirá resposta