A reforma da Constitución e o informe PISA, temas do faladoiro de Radio Voz

Interveño esta mañá no faladoiro do programa Voces de Galicia de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e na que compartín micrófono con Pepe Lorenzo, María Luz Canal, Xosé Vázquez Gago.
Falamos en primeiro lugar do informe PISA (Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos) de 2015 que deixa a Galicia en moi bo lugar.
Resaltei o valor do informe dado a coñecer pola OCDE. Unha enquisa na que se avaliou a preto de 540 000 estudantes de 15 anos de idade en 72 países, sobre as súas competencias en ciencias, lectura, matemáticas e resolución de problemas de maneira colaborativa.
Dixen que convén resaltar os resultados de Galicia en dous das materias analizadas (en lectura dez puntos e en matemáticas, cinco) e que se mantén nun máis que digno terceiro posto en ciencias, aínda que non mellorou no últimos tres anos.
Mérito que ten máis relevancia en Galicia tendo en conta a dispersión poboacional que dificulta a prestación deste servizo público.Destquei que neste informe Galicia aparece como a Comunidade Autónoma co sistema educativo máis equitativo por diante de todos os países da OCDE. Ademáis da máis inclusiva do Estado, co 91,1% do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) integrado no réxime ordinario.
Falamos tamén despois da celebración do día de onte dunha posible reforma da Constitución. Dixen que tal como expresou onte o presidente Rajoy estamos desde o PP dispostos a considerar calquera modificación que sexa razoable, pero é necesario coñecer que se pode reformar, saber  para que e concretar que se vai a tocar e que non.

Entre os puntos crave "a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade dos españois, os dereitos e liberdades fundamentais, a nosa pertenza a Europa e, desde logo, os alicerces básicos do Estado de Benestar, que son a sanidade, as pensións e a educación".

Lembrei como a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, expuxo a pasada semana ante a comisión Constitucional do Congreso que só se hai consenso, concordia e prudencia poderíase chegar a unha reforma exitosa da Constitución. E puxo en valor que o éxito da Constitución é que, sen ser un produto exclusivo de ninguén, puido reflectir o sentimento de todos.

Tamén valorei como moi sensatas as palabras de onte do presidente da Xestora do PSOE, Javier Fernández que defendeu a reforma da Constitución "para fortalecela" pero manifestando que se debe manter o concepto de nación recollido na Constitución porque hai unha soa cidadanía.

E que engadiu que "antes de que se dean os pasos formais, como sería a convocatoria do relatorio constitucional e, mesmo, a creación dunha subcomisión, hai que falar e negociar".

"Buscaremos o consenso previo para que se forme unha subcomisión no seo da Comisión Constitucional".

Defendín o valor da Constitución de 1978 que leva rexendo a vida española durante catro décadas en paz e en liberdade  e que, á marxe das reformas que poida hoxe necesitar, foi a primeira de natureza democrática vixente en España.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.