jueves, 8 de diciembre de 2016

A Ponte Romana, emblema de Ourense, estrea unha moderna iluminación

Asisto onte a inauguración da nova iluminación exterior da Ponte Vella de Ourense, nun acto no que estuvieron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o presidente del Parlamento, Miguel Santalices e os conselleiros Ethel Vázquez y Román Rodríguez, ademáis doutras autoridades. Ademís foron moitos os vecinos que se participaron neste acto.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ás obras da Ponte Romana de Ourense como un exemplo da aposta por preservar, recuperar e poñer en valor o patrimonio da Comunidade. “Hoxe damos por concluídos os traballos da primeira fase da intervención coa que a Xunta, a través do labor coordinado entre as consellerías de Infraestruturas e de Cultura, cumpre co seu deber”, dixo, incidindo en que as construcións históricas precisan dunha protección activa que evite que esmorezan e se deterioren co paso do tempo.
Durante a visita á ponte, Feijóo lembrou que fai algo máis dun ano, Concello e Xunta plasmaron nun convenio de colaboración a vontade compartida de procurarlle a este monumento o tratamento que merece como ben de gran valor cultural, erixido, ademais, en emblema e reclamo turístico da cidade.
Sobre este punto precisou a posta en marcha dun conxunto de labores supervisadas polos técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia e que responderon ao triplo obxectivo de conservar, dignificar e potenciar a maxestuosidade da Ponte Romana. “Para conservala traballamos, restaurando un dos tallamares da ponte, substituíndo o pavimento da ponte e con outras pequenas obras de restauración de pezas deterioradas. Para dignificala, retiramos elementos alleos ao monumento como unha vella tubaxe de abastecemento. E para potenciala, acometemos a actuación máis singular de todas as levadas a cabo sobre esta construción histórica: a nova iluminación”, abundou Feijóo.
“Estamos a falar dunha iluminación deseñada por especialistas galegos na materia, á medida deste monumento. Froito dun detallado estudo sobre a mellor forma de permitir a contemplación íntegra da estrutura e do especial conxunto que forma co medio fluvial e urbano no que se enmarca”, dixo, subliñando que se trata dunha actuación que cumpre con rigor as premisas marcadas de máximo respecto ao ben patrimonial e ao seu contorno, de plena funcionalidade para o actual uso peonil e de mínimo consumo enerxético e contaminación lumínica.
O titular da Xunta avanzou, ademais, a segunda fase das obras co obxectivo de estender ao contorno da Capela dos Remedios o proxecto de posta en valor da ponte. E, concluíu destacando a cidade de Ourense como un exemplo en cooperación e disposición ao acordo, reflectido tamén en proxectos como os labores de reparación da Ponte do Milenio, a conversión en museo dos restos da antiga igrexa de San Francisco.

Parabens a todo Ourense que vai a poder difrutar da beleza e categoría do primeiro monumento da cidade, e moi especialmente ao alcalde Jesús Vázquez que foi o promotor desta feliz iniciativa.