Seguir avanzando na loita contra o cambio climático: obxectivo do Cume de Marrakech que comezou hoxe

Hoxe comezou na bellísima cidade de Marrakech a vixésimo segunda sesión da Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP22), así como a duodécima sesión da Conferencia das Partes en calidade de Reunión das Partes do Protocolo de Kioto (COP-MOP12) e a primeira Conferencia das Partes en Calidade de reunión das Partes do Acordo de París.

Reúne ata o 18 de novembro a un total de 70 países, Está presidida polo ministro marroquí Salaheddine Mezouar, e pola ministra francesa Ségolène Royal, presidenta do Cume de París (COP 21).

Neste foro, participantes impulsarán o diálogo político para avanzar na implementación do Acordo de París e impulsar o fortalecemento da acción de loita contra o cambio climático. 

Neste Cume España persegue avanzar en todos os temas" de forma "equilibrada" e prestará especial atención a obter resultados "tanxibles nos textos de negociación.

Igualmente, España perseguirá aumentar a acción climática e os mecanismos de transparencia antes de 2020, de modo que nesta reunión lógrense regras que fagan "operativo" o Acordo de París e senten as bases para que os países implanten os seus plans de loita contra o cambio climático a partir de 2020.

España participará tamén  de maneira "activa" na axenda de Acción Global, paralela ás negociacións, en sesións relacionadas con agricultura e auga, sectores "especialmente vulnerables para os efectos do cambio climático".

Agardemos o éxito desta Conferencia que aborda un tema prioritario para a humanidade: como loitar contra o ameazante cambio climático.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.