martes, 8 de noviembre de 2016

No Debate de Investidura de Alberto Núñez Feijóo

Asisto está mañá en Santiago de Compostela, no Parlamento de Galicia ao discurso do presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no que solicitou a confianza da Cámara, no marco do Debate de Investidura.

A modo de resumo falou, entre outros dos seguirntes temas:

MÁIS EMPREGO E DE MELLOR CALIDADE

·         Anunciou unha nova Lei de emprego de Galicia para que: a taxa de paro se sitúe nunha cifra por debaixo dos dous díxitos, priorizar os colectivos máis afectados como os mozos, mulleres e parados de longa duración e reducir a temporalidade e a precariedade laboral.

·         Propuso unha estratexia máis ampla que converta Galicia no lugar máis favorable para ser autónomo: extensión durante un ano máis da tarifa plana, creación do Bono Autónomo de ata 2.000 euros, ampliación en 16 semanas adicionais da bonificación para conciliar e a posta en marcha do Programa de remuda xeracional.

·         Promoverase unha auditoría que detecte, aínda con maior claridade, posibilidades de axilizar todos os trámites da actividade económica.

CRECEMENTO, INNOVACIÓN E COÑECEMENTO

·         Avanzou a posta en marcha de novos programas de apoio á internacionalización, con máis coñecemento e máis innovación.

·         Avogou por potenciar Galicia como sede de I+D+i creando consorcios de innovación e abrindo novas convocatorias de unidades mixtas.

·         Reforzarase a Estratexia de captación de talento, flexibilizando os criterios de acceso ás axudas e incrementando os recursos do Programa Ignicia.

·         Destacou a incidencia que teñen a FP e as universidades sobre a economía e avanza que se completará a adaptación do mapa de titulacións, ademais de introducir no ensino medio materias innovadoras como Robótica e Programación

OS SECTORES ESTRATÉXICOS E O SECTOR PRIMARIO, SINÓNIMO DE FUTURO

·         “Do mesmo xeito que a pasada lexislatura foi a do naval ou a da automoción, esta ten que ser a lexislatura do sector primario”, afirmou.

·         Destacou que grazas ás súas capacidades tecnolóxicas o naval pasou dunha situación sen novos pedidos a ter hoxe encargos por máis de 2.300 millóns de euros.

·         Lembrou que a automoción ten garantida actividade para a próxima década e 3.000 millóns de investimento para a industria auxiliar.

·         Cun investimento de 150 millóns de euros estanse sentando as bases para que Galicia se converta nunha referencia mundial do sector aeronáutico.

·         No eido do turismo recalcou que se traballará desde o primeiro minuto para que o do 2021 sexa “o mellor Xacobeo da historia”.

·         Expresou o seu convencemento de que as iniciativas de transformación láctea se traducirán en máis estabilidade, mellores prezos e un futuro con máis esperanza para os gandeiros.

·         En materia forestal propuso distintas melloras entre as que destaca o recoñecemento da figura do silvicultor activo, a redacción dos plans de ordenación de recursos forestais e o impulso aos deslindes de montes veciñais en man común.

·         Salienta a importancia da cogobernanza co sector pesqueiro para mellorar a xestión dos recursos marítimos.

·         Anunciou que tamén se poderán beneficiar do programa de impostos cero os mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade que adquiran a súa vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes.

INFRAESTRUTURAS E PATRIMONIO AMBIENTAL E CULTURAL

·         Garantiu que se completará a rede de vías de altas prestacións para que a práctica totalidade dos galegos teñan unha ao seu carón.

·         Anunciou a aprobación dun novo Plan de transporte público pensado para o século XXI, que integre o transporte a demanda e siga a impulsar a intermodalidade.

·         Apostou  por un crecemento “ordenado e sustentable”, con todas as infraestruturas hídricas funcionando ou coa execución garantida, con menos emisións de CO2 e coa vista posta en que todas as necesidades enerxéticas da Galicia do futuro poidan ser cubertas integramente con enerxías renovables.

·         Unha nova Lei de patrimonio natural ampliará e blindará os nosos espazos protexidos e a primeira Lei de rehabilitación e mellora dos conxuntos históricos de Galicia promoverá a posta en valor dos nosos centros históricos.

·         Comprometéuse a avanzar na ordenación do territorio cunha nova lei que substitúa a anterior, aprobando un Plan básico autonómico para que os concellos pequenos tamén poidan contar cun PXOM actualizado e que integre as recomendacións da Guía de cores e materiais.

RESPOSTAS INTERXERACIONAIS, DESDE O BERCE ATA A TERCEIRA IDADE

·         Sitúou como os grandes retos do noso Estado do Benestar a personalización e adaptación ao contexto demográfico.

·         “Esta será a lexislatura na que Galicia finalizará o novo Servizo Público Galego de Saúde”, asegura, que rematará co 100% dos galegos tendo ao seu carón un hospital ou un centro de saúde novo ou renovado.

·         En materia educativa reforzarase a aposta polo plurilingüismo e a formación en igualdade e no respecto aos nosos símbolos, especialmente a lingua.

·         Seguirase traballando para “consolidar Galicia como o mellor lugar para nacer e ser neno”, afondando nas medidas de conciliación e garantindo a Tarxeta Benvida ata 2020, que se ampliará ata os 3 anos para as familias en risco de pobreza ou exclusión social.

·         Profundarase na aposta polo envellecemento activo, seguiranse creando prazas públicas para dependencia e apostarase por unha Sanidade pública que deixe de estar limitada físicamente aos centros sanitarios e dea respostas á cronicidade.

·         Fixo un chamamento a todos os grupos políticos para reflexionar conxuntamente sobre o reto demográfico, “un asunto central no que nos queda de década e máis da próxima”.

·         No eido da Xustiza as melloras centraranse en acelerar a informatización e facer realidade importantes infraestruturas en Tui, Pontevedra, A Coruña e Vigo.

·         Avanzou que os empregados públicos recuperarán nesta lexislatura o poder adquisitivo perdido durante a crise económica.

UN FINANCIAMENTO ESTABLE, SUSTENTABLE E PROGRESIVO

·         Pediu consenso á hora de reclamar un financiamento autonómico que remate coa provisionalidade, que respecte o reparto de responsabilidades entre Goberno central e as comunidades e que garanta a solidariedade interterritorial e recoñeza os cumpridores.

·         Asegurou que Galicia non está disposta a pagar nin os privilexios que algúns queiran obter nin tampouco a factura da parálise co AVE que está pendente desde hai décadas.

·         “Galicia pedirá sempre dous requisitos previos nas relacións co Estado e coas restantes autonomías: lealdade e unidade”, dixo.

·         Avogou por que a Conferencia de Presidentes deixe de ser excepcional e case simbólica para converterse en ordinaria e efectiva.

·         En relación ao debate sobre o modelo territorial afirmou que Galicia non pode apoiar un proceso que carece de rumbo e de punto de chegada, nin tampouco un trato de favor á insubordinación sistemática ao marco legal que fixemos entre todos.

DIÁLOGO E CONSENSO

·         “Non esixo respecto para min, para o meu Goberno ou para o meu Grupo; esixo respecto para a maioría dos galegos aquí representados”, incide.

·         “Galicia é de todos e todos temos a responsabilidade de facela nosa, para que os nosos fillos poidan ter a oportunidade de facela súa”, dixo.

·         Salientou a disposición ao consenso dunha “maioría que está aberta a todos os galegos e a todos os membros desta Cámara”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta