Primeiro Consello de Ministros do novo Goberno de Mariano Rajoy

O pasado sábado se celebraba o primeiro Consello de Ministros do novo Gabinete de Mariano Rajoy e como era de esperar abordáronse asuntos de especial interese relativos á situación económica, de materia educativa e de financiamento territorial, así como a próxima convocatoria do diálogo social e do Pacto de Toledo.

Foi novidade que deu conta do ocorrido neste Consello, o titular de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, que asume a Portavocía do Executivo, e que cualificou  ao Goberno de "continuista naquilo que debe continuar -que é a recuperación económica, a creación de emprego, as reformas e a estabilidade orzamentaria- e renovado, porque vi seis caras novas sentadas ao redor da mesa do Consello de Ministros con moitas ganas de facer as cousas ben e de traballar para España".

O Consello analizou un informe sobre a situación da economía española elaborado polos ministros de Economía, Industria e Competitividade, Luís de Guindos, e de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro. A conclusión afirmou  Méndez de Vigo, é que "o Goberno confía en que vai cumprir, e vai cumprir, o obxectivo de déficit do 4,6% do Produto Interior Bruto acordado coa Unión Europea".

Méndez de Vigo destacou  os "bos resultados" das últimas medidas adoptadas nese ámbito: o acordo de non dispoñibilidade por valor de 2.000 millóns de euros, o peche do exercicio orzamentario e o recente Real Decreto sobre o pago fraccionado do Imposto de Sociedades para as empresas que facturen máis de dez millóns de euros.

Os próximos pasos do Executivo neste terreo serán a remisión a Bruxelas da actualización do Plan Orzamentario e, "despois de falar cos grupos políticos", a remisión ás Cortes do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do  ano 2017, segundo apuntou o portavoz.

Méndez de Vigo tamén anunciou que o Executivo "vai acometer nos próximos tempos toda unha serie de compromisos que adquiriu na sesión de investidura ou antes".

No ámbito educativo, vai poñer en marcha o acordo para crear unha subcomisión na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados para levar a cabo o Pacto Nacional pola Educación, "un dos obxectivos desta lexislatura". Ademais, o portavoz do Goberno lembrou que Mariano Rajoy avanzou na sesión de investidura a suspensión dos efectos académicos do calendario de aplicación da LOMCE para as avaliacións de 4º de ESO e de 2º de Bacharelato, para o que se require unha modificación lexislativa.

Por outra banda, o Consello debateu  a próxima convocatoria do Pacto de Toledo. "O presidente instou a que se faga e tamén á convocatoria do diálogo social", asegurou Méndez de Vigo. Ademais, o xefe do Executivo expresou o seu compromiso de "abrir a negociación dun sistema de financiamento territorial estable e suficiente co conxunto dos grupos parlamentarios, e no seu momento abordarase tamén a convocatoria dunha conferencia de presidentes autonómicos no Senado", segundo relatou o portavoz do Goberno.

Na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación, o novo portavoz informou de que o presidente do Goberno transmitiu aos ministros a necesidade de "falar moito, dialogar moito, pactar moito e acordar moito", sempre tendo en conta que España ten que seguir a senda da recuperación económica e a creación de emprego.

Preguntado polo financiamento autonómico, Méndez de Vigo dixo que o obxectivo é alcanzar un "diálogo compartido sobre a situación do modelo autonómico e a súa suficiencia financeira, así como unha posta ao día dos principios de solidariedade e cooperación que marcaron o seu desenvolvemento ata o día de hoxe".

O portavoz aclarou que tanto a vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, como o ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, "teñen que estar" na negociación para sacar adiante ese novo modelo de financiamento. Ademais, confirmou que Sáenz de Santamaría "seguirá exercendo a coordinación política do Goberno".

Así mesmo, sinalou que Rajoy seguirá presidindo a Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos e que se tentará aprobar o teito de gasto "canto antes, en diálogo cos grupos políticos".

Íñigo Méndez de Vigo lembrou que Rajoy "sempre estivo aberto ao diálogo" e recibirá ao presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, cando a súa axenda permítao, aínda que indicou que "non hai que vir con apriorismos e con liñas vermellas".

O portavoz tamén expresou a vontade de colaboración do Goberno co PSOE porque hai que consolidar o obxectivo de que "en España haxa vinte millóns de persoas traballando no ano 2020".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.