miércoles, 2 de noviembre de 2016

Rematado o mes de outubro a matriculación de vehículos está próxima ao millón de unidades

Esta mañá coñecemos segundo datos divulgados hoxe polas asociacións Anfac, Ganvam e Faconauto, de fabricantes, vendedores e concesionarios, respectivamente, que o mes de outubro marcou un incremento por sétimo mes consecutivo do mercado, do  4%, cun volume de 83.248 matriculacións. E iso, tendo en conta que a ausencia do PIVE provocou unha retardación na canle de particulares. 

A pesar, desta circunstancia, outubro marcou o mellor rexistro para este mes desde o ano 2009. No período acumulado, xaneiro-uutubro, o mercado creceu a un ritmo do 10,8 % cun volume xa próximo ao millón de unidades, en concretao 957.468 matriculacións.

Estas cifras apuntan a un mercado por encima dos 1,1 millóns de matriculacións para este ano, en liña coas previsións do sector.

A xuizo das citadas asociacións a antigüidade do parque segue sendo unha materia pendente, ao mesmo tempo que supón unha oportunidade para acelerar o ritmo do mercado español. Os indicadores económicos apuntan a unhas perspectivas favorables do mercado para os próximos meses, nun contexto no que se manteñen bos niveis da confianza do consumidor e no que xa se despexou o panorama político. 

Pola súa banda en Galicia matriculáronse en outubro pasado 3.336 vehículos, un 4 % máis que no mesmo mes de hai un ano.

Desde principios de ano, en Galicia matriculáronse un total de 33.903 vehículos ata outubro, o que representa un aumento do 7 %.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta