O paro rexistrado crece en outubro en 44.685 persoas cando por termo medio aumenta en 92.859 persoas

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2016.


Son os seguintes:


Ourense:


Sobe o paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 873 persoas, un 4,15 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 2.311 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,54  %. 


O número de parados queda en 21.922, deles 9.622 son homes e 12.300 mulleres, 20.811 son maiores de 25 anos e 1.111 menores.


Por sectores, 1.178 son da agricultura, 2.850 da industria, 2.318 da construción, 13.596 nos servizos e 1.980 do colectivo sen emprego anterior. 


Galicia:


O paro rexistrado de Galicia medrou en outubro en 4.604 persoas con respecto a setembro (un 2,37  %).

O incremento do paro no mes de outubro é habitual. (aumenta en toda a serie histórica, desde 1996). O aumento producido este mes é o menor acontecido en toda a serie histórica en termos porcentuais. En absolutos foron menores as subidas de 1998 e 1999.


O número de parados queda en 198.940, deles 88.270 son homes e 110.670 mulleres, 189.655 son maiores de 25 anos e 9.285 menores.


Por sectores, 7.491 son da agricultura, 23.733 da industria, 21.205 da construción, 129.890 nos servizos e 16.581 do colectivo sen emprego anterior.


A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 23.152 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10.42 %

É o maior descenso producido en termos porcentuais en outubro en comparación co ano anterior en toda a serie histórica(Desde 1996).

Son xa 3 anos de baixadas consecutivas. É a trixésima sexta baixada interanual consecutiva desde novembro de 2013.

Galicia sitúase a niveis de paro inferiores aos de outubro de 2009, isto é, de hai 7 anos. (Outubro 2009: 208.923).

Ademais, o desemprego en outubro volve a diminuír nas principais  variables se o comparamos con hai un ano:

Galicia presenta un comportamento mellor que a media do Estado. A Comunidade sitúase 0,57 puntos por enriba. (Interanual Estado: -9,85, Galicia: -10,42).

Baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores, liderando o descenso a construción cun -17,23%, seguido da industria cun -12,87%.

Baixa tanto en homes como en mulleres e en todos os tramos de idade,  destacando o descenso nos menores de 30 anos nun 15,89% con respecto a hai un ano.  É o tramo de idade onde máis descende o desemprego en termos porcentuais. Destaca tamén a baixada do 10,78% nos parados de longa duración.

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentó en outubro en 44.685 persoas en relación co mes anterior. Nos últimos 10 anos en leste mesmo mes o paro rexistrado aumentou máis ou menos en 92.859 persoas

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.764.982, e continúa nos niveis máis baixos dos últimos 7 anos.

En termos desestacionalizados, o paro redúcese en 48.007 persoas no mes de outubro. Trátase da redución máis intensa nun mes de outubro. A variación mensual do paro desestacionalizado reduciuse en 41 dos últimos 42 meses.

O paro cae no último ano en 411.387 persoas, rexistrando unha redución do 9,85% interanual. Trátase da maior redución interanual rexistrada ao longo de toda a serie histórica.

O paro entre os mozos menores de 25 anos, diminuíu nos últimos doce meses en 53.025 persoas, de tal maneira que o desemprego xuvenil redúcese un 14,24% interanualmente, por encima da media xeral do 9,85%.

O paro rexistrado diminúe en catro comunidades autónomas entre as que destacan a Comunidade Valenciana (-6.875), País Vasco (-2.935) e Navarra (-586). Sobe, en cambio, nos 13 restantes encabezadas por Castela-A Mancha (13.864) e Illes Balears (8.737).

O paro rexistrado aumenta entre os traballadores procedentes dos sectores de Agricultura en 13.413 (8;07%) , Industria en 1.036 (0,30%), Servizos en 34.763 (1,39%) e no colectivo Sen Emprego Anterior en 1.828 persoas (0,56%). E en cambio diminúe en Construción en 6.355 (-1,68%).

Con la tecnología de Blogger.