Poñer fin á violencia e a discriminación que se exerce contra mulleres e nenas en todo o mundo

Esta mañá participei na miña cidade de Ourense nun acto conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha data recoñecida pola ONU que pretende concienciar e poñer fin á violencia e a discriminación que se exerce contra mulleres e nenas en todo o mundo e que supón ademais unha violación dos Dereitos Humanos. 

Ao acto convocado polo Partido Popular de Ourense e celebrado na céntrica rúa do Paseo xunto ao monumento á Leiteira, asistiu o alcalde da Cidade, Jesús Vázquez, outros cargos do partido e un grupo amplo de militantes e simpatizantes, ademais doutros viandantes.

Despois dunha ofrenda floral, interviñeron Ana Vázquez, Jackeline Fernández, Susi Gómez e Amelia Belmonte e tamén leu un poema o actor Fernando Gabelo.

Hoxe mesmo o Partido Popular de España divulgaba un Manifesto no que expresaba o seu rexeitamento e firme compromiso na loita contra calquera forma de violencia exercida contra as mulleres, impulsando para iso un Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Neste sentido lembrada que  foi aprobado, co apoio unánime de todos os grupos parlamentarios, un gran acordo para mellorar as medidas de protección integral das mulleres que son vítimas desta secuela.

Neste comunicado dise tamén:

- Manifestar que a violencia que se exerce contra as mulleres polo mero feito de selo, calquera que sexa a súa forma -a violación, o matrimonio forzoso, a trata, o acoso sexual ou os  crimes cometidos supostamente en nome da honra e a mutilación xenital- constitúe un grave atentado contra a dignidade persoal, a integridade e os dereitos fundamentais.

- Manter o seu compromiso coas vítimas, expresando o máis sincero afecto e recoñecemento e animando á sociedade española a unha maior concienciación na loita contra esta secuela social para  trasladar unha mensaxe de confianza e superación.

- Animar a denunciar, a romper o silencio. Para axudar ás mulleres a que denuncien, o Goberno do Partido Popular ha introducido a xustiza gratuíta para as vítimas con independencia dos recursos económicos e o asesoramento xurídico previo.

- Destacar que, por primeira vez en España, púxose en marcha  unha Estratexia Nacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller, que contempla 284 medidas e un orzamento de 1.558 millóns de euros, co fin de dotar ao sistema de prevención e asistencia de ferramentas máis eficaces.

- Implicar á sociedade, e en particular a familiares e amigos, para que axuden á  muller que sofre malos tratos a saír desta situación. A Macroencuesta de  Violencia contra a Muller revelou que o 77,6% das mulleres maltratadas saen  da violencia de xénero fronte ao 72,4% do estudo anterior. 

- Involucrar así mesmo aos mozos na prevención de futuras condutas violentas. Neste sentido, a posta en marcha de medidas adecuadas ás novas tecnoloxías, como a aplicación Libres, permite detectar os primeiros sinais de malos tratos desde o móbil.

- Continuar mellorando na atención integral e personalizada das vítimas, que a través das chamadas ao 016 teñen un vehículo de denuncia. Este servizo bateu o seu record histórico en 2015 ao rexistrar 81.992 chamadas, a cifra máis alta desde que se creou no ano 2007, sendo tamén accesible para  as vítimas con discapacidade visual ou auditiva.

- Protexer máis e mellor ás mulleres. Para iso elaborouse o Estatuto da Vítima, no que se recollen os seus dereitos e garantías, ampliáronse as competencias do Xuíz de Violencia sobre a Muller  a delitos contra a intimidade, a propia imaxe e a honra da muller, e introducíronse ademais novos delitos no Código penal.

- Expresar a importancia da coordinación entre as Comunidades Autónomas, que se viu reforzada mediante a aprobación dun protocolo que axiliza os desprazamentos das vítimas entre casas de acollida ata un máximo de 15 días. Un paso crave cara a unha verdadeira Rede Nacional.

- Considerar vítimas tamén aos menores, con dereito á mesma asistencia que as súas nais.

- Continuar impulsando o acceso ao mercado laboral ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Os contratos bonificados non deixaron de aumentar en toda a lexislatura sendo xa 91 as empresas implicadas na Alianza de Empresas por unha Sociedade Libre de Violencia de Xénero.

- Manter o crecemento dos recursos destinados á loita contra a violencia de xénero, reforzando os proxectos asistenciais para as mulleres vítimas e os seus fillos.

- Finalmente, o Partido Popular quere trasladar unha mensaxe de esperanza, e reiterar o seu compromiso cunha sociedade libre a través da defensa dos dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres, desde a consideración da erradicación da violencia contra a muller como unha cuestión de Estado e co traballo conxunto de todos, administracións, institucións e forzas políticas.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.