Na Gala dos Premios Mercurio da Federación de Comercio de Ourense

Asisto onte no magnífico marco do salón nobre do Liceo Recreo Ourensán á "II Gala dos Premios Mercurio", organizada pola Federación de Comercio de Ourense.

Abriu o acto, a nova presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, resaltando que o comercio local ourensán está vivo e que é unha parte fundamental de Ourense e que coa gala preténdese facer un público recoñecemento ao comercio de proximidade. 

A continuación foron entregados os "Premios Mercurio por asociación na que as Asociacións da provincia galardoaron aos seguintes comerciantes. 

Ferraxería  Moncho (pola Asociación de Empresarios de Valdeorras)
Adega Pazo Tizón (pola Asociación de Empresarios do Carballiño)
Jesús de Dios Manso (pola Asociación de Floristas de Ourense)
Concha Outeiriño Fernández (pola Asociación de Artesáns de Ourense)
Antonio Blanco Salgado(pola Asociación de Empresarios do Polígono Barreiros)
Luís Martínez Piñeiro (pola Asociación de Empresarios de Comercio téxtil)
José Guillermo Delgado (pola Asociación de Comercio de Calzados e Bolsos)
Alfonso Torres González (pola Asociación de Droguerías e Perfumerías)

Despois interveu o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que destacou do comercio ourensán a súa adaptación aos novos tempos. E a continuación foron entregados os premios "Traxectoria Comercio Galego", da Federación Galega de Comercio e que presentou o seu presidente, José María Seijas. Foron concedidos a:

Rosario González Villanueva
Grupo Cuevas
CCA O Barco
Familia Puga de Radio Ourense
Abanca

Interveu logo o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, que puxo en valor o comercio da nosa Cidade e animou aos consumidores para comprar en Ourense.

Foron entregados tamén os premios Mercurio designados polo xurado da Federación de Comercio de Ourense a:

Bermello 
Aixiña
Francisco J. Branco Fernández
Enrique Rodríguez Fernández
Expourense
Polígono San Cibrao
Inorde
Marcos Rocha Campos

Un acto moi emotivo da Gala foi a entrega da insignia de ouro por parte da xunta directiva da Federación de Comercio de Ourense, ao seu expresidente Aurelio Gómez Villar, pola súa traxectoria á fronte da institución, que eu recoñezo e valoro.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou que o comercio da provincia é unha clara mostra de como o sector é clave non só na dinamización económica, contribuíndo á creación de riqueza e emprego e como unha oportunidade de emprendemento, senón tamén na vida das vilas e cidades galegas.
Vázquez Abeal apuntou que isto é posible grazas ao traballo conxunto a través do papel que xoga o asociacionismo comercial, resaltando tanto o labor da Federación Galega de Comercio como da Federación de Comercio de Ourense e as distintas asociacións locais.

Do mesmo xeito, a directora xeral de Comercio puxo de relevo o esforzo dos comercios que souberon adaptarse ás novas demandas dos consumidores sen perder a esencia, apostando pola calidade e o servizo ao cliente.
Moitas felicidades á Federación de Comercio pola brillantez desta gala que estivo dirixida pola presentadora do programa "En boa hora" de Telemiño, Tamara Pérez, e amenizada pola música en directo do dúo Moriatov. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.