Pasos adiante para a construción de áreas de servizo na A-52 en Taboadela

Destacar que o Boletín Oficial do Estado do xoves 23 de novembro, daba conta de que o Ministerio de Fomento somete ao trámite de información pública os anteproxectos de explotación e construción das áreas de servizo de Taboadela, no quilómetro 213 (marxes dereita e esquerda) da autovía A-52, na provincia de Ourense.

Dá conta este anuncio de que no  proxecto de trazado das áreas de servizo de Taboadela realizouse unha reserva de terreo para a futura construción das dúas áreas consistente en dúas parcelas xemelgas de aproximadamente 3 hectáreas de superficie cada unha.

Cada unha das áreas de servizo contará cunha estación de servizo para a reposición de combustible, protexida mediante unha marquesiña, así como un edificio destinado a restaurante-cafetería e tenda, ademais dos elementos de urbanización necesarios. Cada unha das áreas dispoñerá de aparcadoiro para vehículos lixeiros (entre 70 e 83 prazas) e 36 prazas para vehículos pesados.

Sen dúbida unha boa noticia para dar un mellor servizo aos usuarios desta importante autovía esencial para as comunicacións galegas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.