Onte os os deputados
Miguel Viso, Celso Delgado y Ana Vázquez mantivemos na Asociación Down Ourense
unha reunión coa súa presidenta, María del Mar Prieto, o Tesoureiro Javier
Cabezas e o equipo técnico da asociación encabezado pola xerente Susana
Rodriguez.
Así coñecemos a súa razón de ser que é a de mellorar a calidade de vida das
persoas con Síndrome de Down e as súas familias, mediante un proceso de
normalización que se basea en conseguir a súa integración e a súa participación
plena na sociedade.
Nada no ano 2003, dá apoio a máis de 60
familias e traballa coas familias e persoas con síndrome de down e
discapacidade intelectual desde o nacemento ata a etapa adulta, así como coa
súa contorna.
Deseñan en cada momento un plan
individualizado de promoción da autonomía persoal, no que se reflicten os
apoios que se lle prestarán desde a Entidade á persoa con síndrome de down e
discapacidade intelectual, así como á familia, para a participación plena
- na familia como membro activo,
- no contexto escolar ordinario defendendo
os dereitos que como alumno ten a recibir unha educación de calidade,
- no ámbito laboral a través do emprego con
apoio en empresas ordinarias
- integración social a través da plena
participación nas actividades propias da comunidade.
Nesta reunión, a presidenta
entregounos un informe no que figuran as demandas máis importantes deste
colectivo, que en liñas xerais están encamiñadas á conseguir a maior autonomía
posible para as persoas con síndrome de Down, de tal xeito que non precisen
unha axuda continua.
Logo de escoitar a
María del Mar Prieto, o noso compromiso terá como obxectivo axudar a facilitar mediante
accións parlamentarias a incorporación ao mundo laboral destas persoas,
mediante unha axeitada formación e oportunidades de traballo.
A presidenta da asociación
deixou, pola súa banda, constancia do importante paso dado logo da reforma
aprobada polo Goberno que vai permitir, no ámbito da función pública,
distinguir entre oposicións restrinxidas a persoas con discapacidade física e
intelectual.
Finalmente, Ana Belén
Vázquez, en calidade de vicepresidenta da Comisión de Infancia e Adolescencia
do Congreso, comprometeuse tamén a facilitar a comparecencia dos representantes
da Federación Nacional Down, da que forma parte Down Ourense, para expoñer
diante de todos os grupos parlamentarios as súas preocupacións e demandas.