miércoles, 16 de noviembre de 2016

Unanimidade no Congreso en reclamar un Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Marta González
Onte vilvimos á normalidade coa celebración do Pleno do Congreso dos Deputados presidido por Ana Pastor.
A sesión comezou co debate da proposta das Cortes de Aragón de modificar o Código Civil en relación co estatuto persoal e veciñanza civil. Esta iniciativa, defendida por unha delegación das Cortes de Aragón, continuará a súa tramitación parlamentaria, ao quedar aprobada a súa toma en consideración con 289 votos a favor e 54 abstencións.
A continuación someteuse ao primeiro exame parlamentario a proposición de lei do Grupo Parlamentario Socialista, sobre a suspensión do calendario da implantación da Lei Orgánica 8/2013 para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Aprobada a súa toma en consideración, con 208 votos a favor, 133 en contra e 2 abstencións, continuará a súa tramitación na Comisión de Educación, que debatería e votaría emendas e emitiría un ditame. Este ditame deberá ser votado en Pleno, onde, ao tratarse dunha reforma de lei Orgánica, necesitará o respaldo da maioría absoluta da Cámara para pasar ao Senado.
O Pleno debateu despois de forma conxunta dúas proposicións non de lei, do Grupo Popular  e do Grupo Socialista de medidas contra a violencia de xénero. Todos os grupos parlamentarios acordaron un texto no que se reclama un Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e exponse a creación dunha subcomisión parlamentaria para articular este pacto, no que deberán implicarse Goberno central, comunidades autónomas e a Federación de Municipios e Provincias.

Neste punto interveu a portavoz adxunta do GPP, a galega Marta González, sinalou que esta iniciativa  ten como fin "borrar as nosas diferenzas, e que o texto sexa un e non dous diferentes, porque son máis os nosos acordos que os nosos desacordos, máis aquelas cousas nas que coincidimos que as que nos separan, e por encima de todo está a vida e a seguridade das mulleres, así como a dos seus fillos".


Fixo fincapé en que "mentres haxa un só caso de violencia de xénero non podemos deixar de traballar para eliminala, para erradicala e para mellorar a resposta" a esta lacra, tendo en conta "a magnitude e a gravidade da violencia de xénero?, e aparcando ?calquera consideración partidista".


Na súa intervención, González abordou o sistema de resposta xudicial e social actual, que está considerado un dos máis avanzados, sinalando que o obxectivo de futuro é que "sexa máis eficaz, dea solucións ás mulleres, fágalles menos duro ese transo da denuncia e o proceso xudicial posterior, que as fortaleza na súa decisión, que poida apoiar mesmo a quen, por unha razón ou outra, preferisen non denunciar a situación de malos tratos e reforzar a mensaxe de que hai saída á violencia de xénero co apoio do noso sistema xudicial e das Administracións responsables", pois as mulleres "teñen o dereito e a capacidade de reconstruírse e reconstruír unha vida sen violencia", salientou , "para que os seus fillos poidan crecer nunha contorna libre de violencia".


"Son demasiadas as mulleres que morren a mans das súas parellas", subliñou, destacando que "a capacidade de chegar a acordos non é nada novo se se está de acordo no esencial", á vez que marcou cal debe ser o camiño que queda por percorrer, que pasa por "o dobre reto de reforzar a eficacia do sistema esixente e actualizalo segundo as esixencias internacionais", sobre a base dun Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e ampliando o ámbito de aplicación da Lei orgánica a outras áreas da vida das mulleres.


Por último, a secretaria primeira do Congreso, Alicia Sánchez Camacho, presentou ante o Pleno o informe realtivo ao cumprimento do Orzamento da Cámara correspondente ao exercicio 2015, de conformidade co artigo 31.1.2º do Regulamento, que inclúe entre as funcións da Mesa da Cámara elaborar o proxecto de Orzamento do Congreso dos Deputados, dirixir e controlar a súa execución e presentar ante o Pleno da Cámara, ao final de cada exercicio, un informe acerca do seu cumprimento".

Neste punto polo GPP interveu o portavoz de presupostos, o lucense Jaime Olano.


Jaime Olano
Valorou a execución deste orzamento, e o feito de que se cumpriron practicamente o 87% das previsións contidas no mesmo, o que  supón un grao de cumprimento satisfactorio, máis aínda se temos en conta que as Cámaras foron disoltas no mes de outubro pola convocatoria das eleccións do pasado 20 de decembro. Pódese concluír en boa lóxica que o orzamento do Congreso dos Deputados executouse correctamente. 

E dixo: "señorías, o meu grupo parlamentario considera que o realmente importante é ter unhas institucións que funcionen ben, o mellor posible, á altura dos nosos cidadáns, e que os deputados podamos realizar un bo labor lexislativo e de control ao Goberno, e para iso habemos de contar cos medios necesarios, como así ocorre. En calquera caso, gustaríame resaltar dous aspectos importantes. En primeiro lugar que esta Cámara, o Congreso dos Deputados, é a Cámara lexislativa menos custosa da nosa contorna. Non vou dar as cifras, porque xa as deu o portavoz do Partido Socialista, pero se comparamos os nosos orzamentos coas das Cámaras lexislativas de Francia, Italia, Alemaña ou o Reino Unido, comprobaremos como aquí, en España, somos moito máis eficientes. Se a comparación facémola coas Cámaras lexislativas das distintas comunidades autónomas do noso país, advírtese que o custo por deputado é, na maioría dos casos, sensiblemente inferior nesta Cámara".

Destacou tamén que "ano tras ano na X Lexislatura reducíronse os custos, sen menoscabo dos medios dispoñibles e sen que a calidade do noso traballo disminuira, o que deu lugar a uns aforros importantes, por encima dos 11 millóns de euros, no ano 2015, que sumados a outros anteriores alcanzan un total de 84 millóns de euros en remanentes de tesourería. Se comparamos o exercicio pasado con outros afastados no tempo, comprobaremos como esta Cámara custou en 2015 aos españois 25 millóns de euros menos que no ano 2008".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta