Galicia contará en 2017 con cinco novas unidades xudiciais, entre elas un Xulgado de Primeira Instancia en Ourense

Saliento como unha boa nova para o servizo público de Xustiza que onte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, presidiron unha nova reunión da Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde acordaron de maneira consensuada, a situación das novas unidades xudiciais que se porán en marcha na nosa comunidade o ano que vén.
Alfonso Rueda explicou que unha vez trasladada a dispoñibilidade do goberno central á creación de cinco novas unidades xudiciais en Galicia, tanto Xunta como TSXG, en consenso cos representantes xudiciais, e baseando a decisión en criterios obxectivos acordaron hoxe a creación dun novo xulgado do Social na Coruña, un Xulgado de Primeira Instancia en Ourense, unha praza de maxistrado na sección Penal da Audiencia Provincial da Coruña, e un Xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia en Vigo. Ademais dunha nova praza na Sala do Civil e do Penal do TSXG, que xa ven determinada dende o Ministerio de Xustiza.
Segundo destacou o conselleiro, a posta en marcha destas novas dependencias xudiciais supón un importante esforzo orzamentario, xa que cada novo xulgado supón case 250.000 euros cada ano para as arcas autonómicas. Alfonso Rueda valorou positivamente este tipo de comisións entre Xunta e representantes xudiciais, que permiten reforzar a cooperación entre ambos e ofrecer unha xustiza mellor dotada e máis eficaz, o que redunda nun mellor servizo aos cidadáns.
Pola súa parte o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, explicou que a decisión sobre as novas unidades, que entrarán en funcionamento antes de que finalice o primeiro trimestre de 2017, tomouse “tendo en conta criterios puramente obxectivos”, como as cargas de traballo consecuencia de situacions estruturais.
Na reunión tamén se abordaron outros asuntos, como os relativos ao Plan Senda de modernización, e os importantes avances que se teñen producido cara o expediente xudicial electrónico, cara a lograr o obxectivo de papel cero. Ademais, da posta en marcha da sede xudicial electrónica, cuestións de persoal e reforzos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.