martes, 15 de noviembre de 2016

No faladoiro de radio Voz

Participo hoxe na faladoiro de Radio Voz que nesta ocasión moderou Beatriz Franco e non que onte estiveron Xaime Vila, Xosé Vázquez Gago, e Antón Arias.
 
Falamos en primeiro lugar da continuidade do novo goberno da Xunta, no que non hai niguna nova incorporación nin variación de cambio de competencias con respecto á lexislatura anterior.

Dixen respecto diso que a formación de Goberno é unha competencia directa de Alberto Núñez Feijoo, e que é normal que confirme ás persoas do seu equipo que fixeron unha boa xestión e que lle levaron a un éxito electoral. 

Ademais lembrei que hai poucos meses despois das eleccións municipais houbo unha remodelación que supuxo a entrada no executivo de tres conselleiros Ánxeles Vázquez, José Manuel Rey Varela e Jesús Vázquez Almuíña en tres áreas moi importantes, agricultura, sanidade e política social.

Sinalei como o inconformismo de Feijóo é todo o contrario a autocompracencia e lembrei a frase que lle dirixiu aos conselleiros recén nomeados: "Grazas polos servizos prestados, pero xa non valen para nada", advertindolles que os galegos van a xulgar o seu traballo "a partir de hoxe".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta