Rehabilitado por Fomento o firme da Avenida Otero Pedrayo

O pasado 5 de septembro, nunha entrada deste blog, informaba do comezo a cargo do Ministerio de Fomento dunhas obras de rehabilitación do firme en diversos tramos urbanos das estradas estatais na cidade de Ourense e nos seus principais accesos, situados nos termos municipais de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas. O orzamento de adxudicación das actuacións ascendía a 716.909 euros. 


Hoxe podo comprobar como nesta semana acábase de renovar o firme da avenida Otero Pedrayo entre as rotondas onde está situada a Policía Nacional e a das Lagoas (afiador), unha actuación orzada en 66.000 euros.

Agora queda por executar o pintado horizontal, que deixará a esta importante arteria da cidade nunhas moi boas condicións para a circulación de vehículos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.