En Melgaço, apoiando o proxecto "Raia Termal" como elemento dinamizador do territorio transfronteirizo.🇪🇸🇵🇹
Un acto no que a voz principal foi a do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín Muñóz. Ambas entidades foron as organizadoras, por certo con total perfección.
Deu a benvida, Manoel Batista Calçada Pombal (Presidente de la Cámara Municipal de Melgaço). Na primeira mesa foron abordadas as "Perspectivas do termalismo a nivel internacional" que foui moderada por Plácido Álvarez Dobaño (Alcalde de Muiños), e nela interviron Alehjandro Rubín Director eral de Termatalia. Feria Internacional de Termalismo, Javier Soto . Director Xeral Grupo Caldaria e Rosario Van Zeller, administradora das Termas do Gerês.
Na segunda mesa foi explicado este proxecto "Raia Termal". Moderou Luis Avelino de Francisco
Martínez (Alcalde de Cortegada) e nela interviron Mª Carmen Yáñez Salgado (Alcaldesa
de Lobios) e Joaquim Cracel Viana (Presidente da Cámara Municipal de Terras de Bouro.
Deu a benvida, Manoel Batista Calçada Pombal (Presidente de la Cámara Municipal de Melgaço). Na primeira mesa foron abordadas as "Perspectivas do termalismo a nivel internacional" que foui moderada por Plácido Álvarez Dobaño (Alcalde de Muiños), e nela interviron Alehjandro Rubín Director eral de Termatalia. Feria Internacional de Termalismo, Javier Soto . Director Xeral Grupo Caldaria e Rosario Van Zeller, administradora das Termas do Gerês.
A terceira mesa adicouse a explicar os "Fondos europeos para o desenvolvemento" e foi moderada por José Antonio Armada Pérez
(Alcalde de Bande) e nela interviron Borja Navarro Hernández, técnico de proxectos do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial, José Motas Alves, presidente da Asociaición de Desenvolvemento das Terras Alttas do Homen, Cávado e AVE e Moisés Blanco Maceiras, Subdirector adxunto de Cooperación Territorial Europea da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
No moi interesante encontro constatouse que a consecución de fondos europeos é imprescindible para o desenvolvemento intelixente, sostible e integrador das zonas máis desfavorecidas de Europa, e expúxose o proxecto de cooperación transfronteiriza –POCTEP-, "A Raia Termal", que ten como obxectivo a protección, recuperación e posta en valor dos recursos naturais ligados ao patrimonio termal de fronteira entre Galicia e o Norte de Portugal, co ánimo de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e favorecer o turismo de calidade na zona.
As entidades promotoras do proxecto son a Deputación de Ourense e a CHMS, tendo como socios aos concellos ourensáns de Bande, Cortegada, Lobios e Muíños, e as Cámaras Municipais portuguesas de Melgaço e Terras de Bouro.
O ámbito no que se pretende actuar son as zonas termais transfronteirizas do río Miño (Concello de Cortegada, e Cámara Municipal de Melgaço) e do río Limia, nos ámbito dos concellos de Lobios, Bande e Muíños, e da Cámara Municipal de Terras de Bouro.
Para a consecución dos obxectivos plantexados o proxecto estrutúrase en seis eixos de actuación. O primeiro trata a vertebración dunha rede de termalismo transfronteirizo; o segundo, a recuperación ambiental e a posta en valor de entornos naturais de espazos termais; o terceiro, ocúpase da valorización e recuperación de infraestruturas e elementos patrimoniais termais; o cuarto, contempla a xestión conxunta e a promoción de recursos e itinerarios termais de frontera; sendo o quinto e o sexto, os referidos á difusión, coordinación e xestión.
Dentro das actividades que se contemplan en cada un dos eixos destaca a creación dunha folla de ruta para o impulso do Termalismo de Fronteira, con estratexias consensuadas e actividades planificadas; as actuacións puntuais para solventar problemáticas de augas residuais existentes nas proximidades de entornos termais: a construción de sendeiros, a restauración arbórea e a recuperación, mellora e acondicionamento das ribeiras dos ríos nas contornas termais.
Tendo en conta a complexidade do proxecto, o número de socios e o marco temporal de execución que se estima en 36 meses, o presuposto do proxecto ronda os 3,4 millóns de euros, dos cales se espera que un 75% sexa co-financiado por FEDER.
O meu total apoio a esta extraordinaria iniciativa que responde perfectamente os obxectivos de cooperación transfronteiriza da Unión Europea.
O meu total apoio a esta extraordinaria iniciativa que responde perfectamente os obxectivos de cooperación transfronteiriza da Unión Europea.
Recibirá resposta