A Xunta aposta pola modernización intensa do transporte público de Galicia priorizando as necesidades do medio rural

Salientar que o Consello da Xunta celebrado o xoves  deu  o visto e prace á posta en marcha da primeira fase da nova ordenación do transporte público de Galicia, que integrará modalidades de servizos baixo demanda e terá como prioridade a cobertura das necesidades do medio rural.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientaba onte que a Xunta está a traballar para que esta lexislatura sexa a da ordenación do transporte público de Galicia, coa incorporación de servizos baixo demanda que priorizarán a cobertura no rural, ofrecéndolles aos cidadáns un transporte público de calidade, moderno, eficiente e atractivo.
O Goberno galego destinará un total de 2,5 millóns de euros á reformulación do mapa de servizos que integrará novas fórmulas como o transporte á demanda, un investimento que será confinanciado con fondos do programa operativo Feder 2014-2020, garantidos grazas á importante xestión realizada ante a Unión Europea.
Vázquez fixo fincapé en que este novo sistema vai supoñer unha auténtica transformación do mapa de servizos en territorios que teñen un gran número de núcleos de poboación dispersos, xa que garantirá a máxima cobertura nas zonas rurais da comunidade.
Este escenario fai necesaria unha modernización intensa do mapa de transporte público que partindo dunha análise rigorosa da oferta e da demanda actual e potencial de servizos e tendo en conta os beneficios e as posibilidades que abren as novas tecnoloxías garanta este servizo público e a súa adaptación ás necesidades da sociedade galega.
Para poñer en marcha esta reordenación do sistema a Xunta conta cun instrumento normativo fundamental: a Lei 10/2016, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, aprobada en xullo, que recolle a elaboración dun Plan de Transporte Público de Galicia como canle para a actualización do transporte público de Galicia.
Este texto define o transporte á demanda, xa que entre o seu contido básico recolle a implantación de sistemas de xestión que respondan ás necesidades dos usuarios e que promovan a máxima expansión da oferta do transporte público nos ámbitos rurais.
De acordo coa folla de ruta deseñada pola Xunta, onte  mesmo comézouse a desenvolver os traballos da 1ª Fase, xa que o DOG publica a licitación, por importe de máis dun millón de euros, dos contratos para a planificación do novo mapa de servizos de transporte de pasaxeiros en seis ámbitos territoriais.
Trátase de seis eidos territoriais que se delimitaron atendendo ás zonas que presentan características específicas en canto aos asentamentos da poboación; á configuración da mobilidade; e aos tráficos que atenden os actuais servizos:

• Zona 1 correspóndese coas provincias da Coruña e Lugo Norte

• Zona 2, coa de Galicia Centro

• Zona 3 é a de Ourense Leste
• Zona 4, Ourense Oeste
• Zona 5, que engloba os servizos de conexións interprovinciais e Pontevedra
• Zona 6, que se corresponde coa zona da Coruña Oeste.


Os contratos que se licitan deberán definir o novo mapa de transporte que se comezará a implantar en agosto de 2017, data na que algúns dos contratistas deixarán de prestar o servizo actual, abrindo a porta a estas novas fórmulas. Así, este novo mapa de transporte determinará as rutas regulares de prestación

Dentro destes estudos tamén se deberá concretar un novo sistema de reserva do servizo, para levar o transporte a onde faga falta e á hora que faga falta mediante unha reserva feita con anterioridade. Para todos estes supostos empregaranse diferentes tipos de vehículos, aproveitando o máis adecuado en cada caso (autocar, microbús, taxi, transporte escolar...) 


A conselleira explicou que con esta planificación, no mes de maio disporase dos anteproxectos de explotación dos novos servizos de transporte, que introducirán melloras respecto da actual oferta; e procederase logo á súa aprobación e adxudicación, para implantar os novos servizos ao longo do mes de agosto. Concretou que en agosto de 2017 culminarase esta 1ª fase de reordenación do transporte público en Galicia, que garantirá un servizo de calidade e maior cobertura territorial a todos os galegos.

Nunha fase posterior tamén se definirán as canles que os cidadáns poderán empregar para solicitar o servizo mediante reserva que, loxicamente, tamén estarán adaptadas ás especificidades de cada ámbito territorial.

Parabens por esta iniciativa de extraordinaria relevancia para a necesaria podernización do transporte público.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.