jueves, 6 de octubre de 2016

Rajoy: "non vou poñer ningunha condición porque ir a eleccións outra vez é un gran disparate"

Esta mañá, a preguntas dos xornalistas, e antes de participar na inauguración do XII Congreso Xurídico da Avogacía ICA-Málaga, o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy  falou sobre a actual situación política.

E asegurou, en referencia ao PSOE, que "estamos dispostos a considerar calquera posibilidade porque a prioridade é formar goberno". 

E tamén subliñou que "non vou poñer ningunha condición" porque "ir a eleccións outra vez é un gran disparate", xa que "nos estamos xogando consolidar a recuperación económica e a creación de emprego".

Mostrouse aberto a "un diálogo á maior celeridade posible e con absoluta franqueza" co presidente da xestora do PSOE, Javier Fernández, que é agora o seu "interlocutor, como antes foino Pedro Sánchez".

Unha vez máis, Rajoy, con estas sensatas manifestacións acredita a súa condición de home de Estado, que prioriza sobre calquera outro interese partidario, que España necesita un Goberno estable e forte con urxencia  e que este é o momento do acordo.

Os consensos non son unha rendición, ben ao contrario, son un éxito de todos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta