Onte tivo lugar na localidade lusa de Viana do Castelo
un acontecemento que incidirá nun futuro próximo na mellora das comunicacións ferroviarias
entre España e Portugal, e singularmente entre Vigo e Porto. Foi o acto de asinamento
do contrato de construción de modernización e eletrificación do treito entre
Nine e Viana do Castelo.
O Ministro do Planeamento e das Infraestruturas, Pedro
Marques, afirmou que o Goberno vai anticipar a modernización do treito entre Viana
do Castelo e Valença da linha do Minho para 2017.
«Faremos um esforço adicional para que a segunda
empreitada, de Viana do Castelo a Valença, comece em obra no próximo ano e não
em 2018 como estava inicialmente previsto», dixo Marques.
O Ministro referiu que este esforzo adicional xustificase
despois do contacto do Goberno español para «reafirmar o seu compromiso de
facer a eletrificación do pequeno treito», de seis quilómetros.
A
modernización da líña ferroviaria entre Nine e Valença, que se completará en
2019, representa un investimento total
de 83,2 millons de euros, financiados en 59,2 millons de euros por Ferrovia 2020 e cunha aportación de 24 millons
de euros de orzamento do Estado portugués.
Está previsto que a obra esté concluída no terceiro
trimestre de 2018.
A xuizo do ministro luso a electrificación desta
conexión vai a permitir triplicar a capacidade de tráfico de 15 a 20 trens, cun
máximo de 750 metros en lugar de 300. E dixo que a modernización traerá
"máis comodidade, máis seguridade e mellores tempos de transporte aos
pasaxeiros" e "máis eficiencia para as empresas e para o transporte
de mercancías".
Pedro Marques dixo que esta obra é moi importante para
o Alto Minho e para a rexión, tendo en conta "os fortes vínculos que a industria,
que se ven desenvolvendo dun xeito espectacular na rexión, ten coa Galicia “, engadindo
que a electrificación está inserta "na estratexia de que a inversión
pública axudará, tamén á recuperación da economía."
Recordo agora a miña participación en varias das
reunións parlamentarias (entre o Congreso dos Deputados e a Asemblea da
República) previas aos cumes dos gobernos Luso e Español, nas que entre outros
temas abordamos a mellora progresiva e substancial da relación entre Porto-Vigo,
expóndoa en dúas fases.
Nunha primeira mediante a potenciación do actual
servizo como internacional e, nunha segunda fase, a medio prazo, mediante unha
actuación sobre a infraestrutura ferroviaria.
Sinalar que a primeira fase foi materializada o 1 de
xullo de 2013 cando a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o ministro de Economía
e Emprego de Portugal, Álvaro Santos Pereira, viaxaron no primeiro tren directo
que conectaba Vigo e Porto sen paradas intermedias e que permitía mellorar a
mobilidade dos viaxeiros.
Era o chamado "Tren Celta" no que tiven oportunidade
de viaxar, un convoi internacional entre Porto-Campaña e Vigo- Guixar, con
paradas en Valença, Viana do Castelo e Nine.
Hoxe posibilita ir e vir no mesmo día con tempo suficiente para visitar unha das dúas cidades. Con saídas diarias desde Porto Campaña ás 08:15 ou 19:15 e de Vigo Guixar ás 9:02 ou 20:02, este tren permite gozar ao longo do seu percorrido da paisaxe e a vexetación que rodea o rio Miño. A duración aproximada do traxecto: 2 horas 15 minutos.
Hoxe posibilita ir e vir no mesmo día con tempo suficiente para visitar unha das dúas cidades. Con saídas diarias desde Porto Campaña ás 08:15 ou 19:15 e de Vigo Guixar ás 9:02 ou 20:02, este tren permite gozar ao longo do seu percorrido da paisaxe e a vexetación que rodea o rio Miño. A duración aproximada do traxecto: 2 horas 15 minutos.
A segunda fase de mellora da infraestrutura mediante a
electrificación, é a que agora se pon en marcha en Portugal. En territorio
español, está pendente a colocación da
catenaria nos oito quilómetros do tramo Guillarei (Tui)-fronteira de Valença.
Algo que se executará en coordinación coa execución das obras en Portugal.
Recibirá resposta
Recibirá resposta