jueves, 13 de octubre de 2016

O luso António Guterres, será o novo Secretario Xeral de Nacións Unidas

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas reuniuse hoxe en Nova York para nomear por aclamación a António Guterres, Secretario Xeral da Organización durante o período 2017-2021.

A Asemblea establecida en 1945 en virtude da Carta das Nacións Unidas, ocupa un lugar central como principal órgano deliberativo, de formulación de políticas e representativo das Nacións Unidas. Está integrada por os 193 Estados Membros das Nacións Unidas e proporciona un foro para o debate multilateral de toda a gama de cuestións internacionais que abarca a Carta.

Tamén desempeña un papel importante no proceso de establecemento de normas e na codificación do dereito internacional. A Asemblea celebra en forma intensiva un período ordinario de sesións cada ano, de setembro a decembro, ou durante máis tempo se fose necesario.

António Manuel de Oliveira Guterres, naceu en Lisboa en 1949, é un enxeñeiro, profesor e ex primeiro ministro de Portugal, expresidente da Internacional Socialista e ex alto comisario das Nacións Unidas para os Refuxiados.

Guterres, novo líder de Nacións Unidas, expresou ante os Estados membros os seus sentimentos de gratitude e humildade, ademais dun gran sentido de responsabilidade ante tan alto nomeamento.

Ao falar na sesión plenaria da Asemblea Xeral, o político portugués afirmou estar plenamente consciente dos desafíos que afronta a Organización das Nacións Unidas, así como das limitacións que rodean ao cargo.

"Os dramáticos e complexos problemas da actualidade inspiran un enfoque humilde, no que o Secretario Xeral non ten todas as respostas nin busca impoñer a súa visión, un enfoque no que o Secretario Xeral poña os seus bos oficios a disposición, traballe como coordinador, mediador, construtor de pontes e axente honesto para atopar solucións que beneficien a todos", dixo Guterres.

O novo Secretario Xeral subliñou que recobrar o respecto pola dignidade das persoas estará no centro dos seus esforzos, en liña coa experiencia de observar de primeira man o sufrimento dos máis vulnerables.

Un tramo do seu discurso pronunciouno en español, idioma no que expresou o seu recoñecemento ás tarefas dos soldados da paz que defenden os principios de Nacións Unidas e no que rexeitou contundentemente os casos de abuso sexual perpetrados por algúns deses efectivos.

Fixo un "chamamento ao apoio dos Estados membros e de todas as estruturas da Organización: non permitamos que comportamentos repugnantes danen o heroísmo ao servizo de Nacións Unidas".

Finalmente, António Guterres dirixiuse a Ban Ki-moon, actual Secretario Xeral da ONU, a quen asegurou que fará o posible para continuar co seu legado de gran dedicación ao servizo público internacional.

Parabens a este político natural do noso País irmán, Portugal  - que comparte cos galegos un mesmo sistema linguístico - e moitos éxitos á fronte das Nacións Unidas. Como dicía o ministro García Margallo, España contará cun "gran amigo" a fronte da ONU.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta