Mariano Rajoy xurou o seu cargo como presidente do Goberno

Hoxe no Palacio da Zarzuela, Mariano Rajoy xurou o seu cargo ante o Rey Felipe VI e en presenza do ministro de Xustiza en funcións, Rafael Catalá, como Notario Maior do Reino.

O Rey Felipe VI asinou onte 30 de outubro o nomeamento de Mariano Rajoy como presidente do Goberno e hoxe, día 31, publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Rajoy realizou o seu xuramento ante un exemplar da Constitución Española e outro da Biblia.

Ao acto asistiron, ademais, a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; o presidente do Senado, Pío García Escudero, e os presidentes do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos, e do Tribunal Supremo e o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Carlos Lesmes.

O meu máis entusiasta parabén.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.