Nos almorzos de Galicia por Diante na Radio Galega

Esta mañá fun convidado por Kiko Novóa para participar na Radio Galega  nos almorzos de Galicia por Diante. Entrevista que fixen desde os estudios da delegación de Ourense que dirixe Carlos Reboreda.

Falamos da actualidade política despois da investidura o pasado sábado de Mariano Rajoy como presidente do Goberno de España, e precisamente no día do xuramento do seu cargo diante de El Rey.

É posible escoitar toda a entrevista premendo esta ligazón:


Estos son as mensaxes que recolleron os xornalistas da Radio Galega:

“É  lóxico que a nosa comunidade sexa recompensada no sistema de financiamento autonómico por cumprir cos obxetivos de déficit.

 "O Goberno de Rajoy terá sensibilidade, xa que a creación de emprego e a estabilidade é un feito indiscutible".

“Delgado congratulouse de que tras 315 días España teña un Goberno e agradeceulle ao PSOE a súa abstención. O deputado ourensán cre que "a lexislatura chegará ata o final se hai vontade de diálogo e de chegar a acordos entre todos".

"O país está diante de grandes retos que merecen altura de miras, é o momento de amosar a altura de cada un."

Neste sentido referiuse ao primeiro reto: o proxecto de lei de presupostos, "no que hai que facer un auténtico esforzo de diálogo".

Despois están os grandes temas como o crecemento económico e manter o crecemento do emprego como base do mantemento do Estado de benestar.

Tamén a preocupación polas pensións, a efectiva igualdade entre homes e mulleres e o financiamento autonómico.

Neste sentido, Celso Delgado apuntou que hai que "perseverar nas políticas que dan resultado e adquirir compromisos".

Malia que o PP foi o partido máis votado, o deputado ourensán recoñeceu que necesitan pactar, pero tamén dixo que "todos teñen que colaborar e facilitar a gobernabilidade de España".

Delgado tamén dixo na Radio Galega que "os cidadáns votan libremente e que son eles os que escollen os seus representantes". Deste xeito saía ao paso das declaracións de Pedro Sánchez, que apuntaba ás presións de César Alierta e grupos de comunicación para que gobernara Rajoy.



Delgado dixo que o voto é libre e non cre que ningún empresario ou poder fáctico poda influír na formación dun Goberno.

Kiko Novóa
"Non son os poderes fácticos os que colocan nos escanos os políticos, é a xente que vota. A xente votou libremente."

Celso Delgado apuntou que o Congreso e o poder executivo xa están en mans de dous galegos, pero descoñece quen formará parte do novo Goberno de Rajoy que dará a coñecer o vindeiro xoves. El descartouse e tan só dixo que "as persoas que elixa o presidente serán competentes".

Parabéns a Kiko Novóa  a GxD, que é toda unha referencia informativa nos medios de comunicación do País entre as 6 da mañá e a 1 da tarde, xa que conta todo o que pasa en Galicia e no mundo, de forma amena, rigorosa, independiente e sempre baixo a perspectiva de servizo público. E por suposto grazas por invitarme.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.