En setembro baixa en Ourense o paro rexistrado, aínda que medra en España

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2016.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en -403 persoas, un salientable – 1,88 %. É a única provincia galega na que baixa o desemprego.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 2.457 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,45 %. 

O número de parados queda en 21.049, deles 9.143 son homes e 11.906 mulleres, 20.055 son maiores de 25 anos e 994 menores.

Por sectores, 926 son da agricultura, 2.724 da industria, 2.348 da construción, 13.103 nos servizos e 1.948 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en setembro en 1.291 persoas con respecto a agosto (un 0,67  %).

O número de parados queda en 194.336, deles 85.446 son homes e 108.890 mulleres, 185.674 son maiores de 25 anos e 8.662 menores.

Por sectores, 6.469 son da agricultura, 23.510 da industria, 21.245 da construción, 126.633 nos servizos e 16.479 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 21.401 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,92 % .

Trátase da maior caída interanual producida nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996) e con respecto a hai un ano descende nas principais variables: nas catro provincias, as 7 grandes cidades, todos os sectores, tramos de idade e tanto en homes como en mulleres. Con respecto á comparativa co Estado, a Comunidade presenta un comportamento mellor que a media, situándose 0,79 puntos por enriba (na media estatal baixa nun -9,13% fronte ao -9,92% de Galicia).

En canto ás provincias, a de Ourense lidera a baixada con respecto a setembro de 2015 (-10,45%), seguida de Pontevedra (-10,36%), Lugo (-10%) e A Coruña (-9,31%) e sobre os sectores de actividade,  o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -17,39%, seguido da industria cun -12,76%. Ademáis o número de persoas sen emprego acadou un descenso do -16,31% entre os menores de 30 anos con respecto ao ano pasado e do -5,90% entre os maiores de 44.
España:
O número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou en setembro en 22.801 persoas en relación co mes anterior (0,62 %). Nos últimos 8 anos neste mesmo mes o paro rexistrado aumentou máis ou menos en 58.835 persoas

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.720.297. Deles 1.628.447 son homes e 2.091.850 mulleres. Son menores de 25 anos 309.173 e maiores 3.411.124 persoas.

Continúa o paro nos niveis máis baixos dos últimos 7 anos. En termos desestacionalizados, o paro redúcese en 16.906 persoas no mes de setembro. A variación mensual do paro desestacionalizada reduciuse en 40 dos últimos 41 meses.

No último ano o paro baixou en 373.745 persoas (-9,13 %). Trátase da maior redución interanual rexistrada nun mes de setembro de toda a serie histórica. O ritmo interanual de redución do paro volveuse a incrementar no mes de setembro, alcanzando o 9,13%, o mellor dato de descenso desde o ano 1999. 

O desemprego dos mozos menores de 25 anos increméntase en setembro en 24.188 persoas (8,49%) respecto ao mes anterior, mentres o paro entre os maiores de 25 anos baixa en 1.387 (-0,04%).

Na comparativa interanual de desemprego entre os mozos menores de 25 anos, o paro diminuíu en 50.262 persoas, de tal maneira que o desemprego xuvenil redúcese un 14% interanualmente por encima da media xeral do 9,1%.

O paro rexistrado diminúe en tres comunidades autónomas entre as que destacan Castela-A Mancha (-9.498), Madrid (-2.032) e A Rioxa (-434). Pola contra aumenta nas 14 comunidades restantes destacando Andalucía (8.206), Cataluña (5.641) e Estremadura (4.174).

O paro rexistrado diminúe en tres sectores de procedencia dos traballadores en Agricultura e Pesca, en 12.507 persoas, en Construción, en 9.984 persoas e en Industria en 3.345 persoas. En cambio aumenta nos Servizos en 39.268 persoas, e no Colectivo Sen Emprego anterior en 9.369.

A contratación indefinida aumenta un 11,8% O número de contratos rexistrados durante o mes de setembro foi de 1.907.000, o maior número de contratacións de toda a serie histórica nun mes de setembro. Supón unha subida de 111.258, un (6,2%) respecto ao mesmo mes do exercicio anterior. En setembro rexistráronse 171.012 contratos de carácter indefinido, supón un incremento de 18.084 (11,83%) sobre o mes de setembro de 2015.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.