martes, 4 de octubre de 2016

A afiliación media aumenta en 12.025 ocupados en setembro

Hoxe o Ministerio de Emprego e Seguridade Social informa que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.712.021 ocupados en setembro, o que supón unha subida mensual de 12.025 persoas. O aumento da afiliación en setembro é o segundo mellor da serie (12.182 en 2014) desde 2006. A este bo resultado da afiliación contribúe a evolución mensual do dato desestacionalizado (44.796) que rexistra a mellor ocupación media dos últimos 10 anos (57.381 en 2006).

O Réxime Xeral aumentou en 13.924 persoas (0,10%), ata alcanzar os 14.450.629 ocupados. A afiliación incrementouse sobre todo en Educación, con 61.555 ocupados máis (9,82%), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, 17.812 (1,49%) e Industria Manufactureira, 12.035 (0,71%). En sentido contrario destacan Hostalería, con -43.256; Comercio, -29.026; Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, -19.604 e Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento, con -9.478.

En canto ao Sistema Especial Agrario experimentou un aumento de 28.689 afiliados (3,99%), contando na actualidade con 747.696 afiliados medios.

 Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Fogar rexistrou 1.904 persoas menos (-0,45%), e suma 424.230 ocupados.

O Réxime de Autónomos conta con 3.191.839 persoas, tras sumar 142. O Réxime Especial do Mar baixou en 1.970 (-2,87%), co que o total se sitúa en 66.725. Finalmente, o Carbón descendeu en 70 afiliados (-2,42%).

A cifra de afiliados á Seguridade Social incrementouse na Comunidad de Madrid, que sumou 37.369 afiliados (1,31%); Castela-A Mancha, con 14.169 ocupados máis (2,16%); Canarias, 9.802 (1,35%); Cataluña, 3.738 (0,12%), País Vasco, 2.944 (0,33%), Navarra, 1.240 (0,47%), A Rioxa, 1.229 (1,02%) e Melilla, 269 (1,24%).

En termos interanuais, setembro pechou con 522.206 afiliados medios máis, un 3,04%, taxa que xunto á de setembro de 2015 (3,17%) é a maior desde 2006. O aumento rexistrado débese en gran parte ao bo comportamento do Réxime Xeral que suma 424.230 traballadores. A súa taxa anual de crecemento alcanza o 3,5%. No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa anual avanzou un 0,84%, o que se traduciu nun aumento de 26.443 persoas. O Réxime do Mar aumentou un 4,31% (2.760) e o Carbón rexistrou un descenso de 939 persoas (-24,93%). En relación ao ano pasado a ocupación creceu en todas as Comunidades Autónomas. Destacan Cataluña, con 119.282 afiliados máis (3,90%); Comunidade de Madrid, con 88.840 (3,17%); Andalucía, con 75.964 (2,77%) e Comunidade Valenciana, con 64.852 (3,97%).

GALICIA

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 972.887 ocupados en setembro, o que supón un descenso mensual de 6.218 persoas.

O Réxime Xeral conta con 734.727 persoas (deles 6.432 no Sistema Especial Agrario e 27.317 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 216.772  persoas. O do Mar conta con 21.388 persoas.

En termos interanuais, setembro pechou con 15.415 afiliados medios máis, un 1,61 % sendo xa 30 as subidas consecutivas, desde abril de 2014.

OURENSE

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 101.917 ocupados en setembro, o que supón un descenso mensual de 26 persoas.

O Réxime Xeral conta con 76.425 persoas (deles 564 no Sistema Especial Agrario e 3.329 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 25.492  persoas.

En termos interanuais, setembro pechou con 524 afiliados medios máis, un 0,52 %.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta