Eleccións 25-S: O PP de Ourense gaña tamén no voto dos Españois Residentes Ausentes

Esta mañá tivo lugar na Audiencia Provincial de Ourense o  reconto do voto dos electores incluidos no Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA).

Dun total de 1.925 votos válidos, o PP recibiu 1.059 que se traducen nun 55,01 % de apoio. Isto supón máis do triplo que a porcentaxe de apoio do segundo partido máis votado, o socialista, que non supera o 18 %. Datos moi positivos para Manuel Baltar que, agradecido pola confianza depositada no PP.

Constatar que nestas eleccións autonómicas a escasa participación que se está a rexistrar no CERA xa que rozou os dous puntos dun total de 98.942 galegos con dereito ao voto.

Un resultado que para o presidente provincial, Manuel Baltar, “ven de afianzar o continuo aumento do apoio que no exterior están a recibir os populares ourensáns, que desta volta con case que dous puntos máis que nas xerais de xuño, deixan claro máis que nunca que somos o partido de Ourense”.

Salientar que dende as eleccións xerais de decembro de 2015 o apoio ao Partido Popular por parte dos residentes ausentes non deixou de medrar, situándose daquela no 47 % e superando en xuño o 53 %.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.