A nova sinalización turística da Vila Termal de Laias-Cenlle

O pasado 11 de marzo daba conta nunha entrada deste blog, que neses días estaba rematando a colocación en estradas da provincia, tanto de titularidade estatal como autonómica da nova sinalización turística das vilas termais en Galicia, de conformidade coa metodoloxía para a implantación de novos sinais e de acordo co sistema de sinalización turística homologado na nosa Comunidade Autónoma.

Unha sinalización que se deriva do acordo para a ampliación do catálogo do SISTHO subscrito o 9 de setembro de 2013 entre a Secretaria de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda do Ministerio de Fomento e a Secretaria de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Un tema que ocupou a miña actividade parlamentaria na X Lexislatura cando o 25 de setembro de 2013 na Comisión de Fomento do Congreso defendía unha Proposición non de Lei do Grupo Popular relativa a mellora da sinalización turística nas estradas do Estado, con expresa referencia a necesidade de sinalizar as nosas Vilas Termais e balnearios.


Hoxe o moi eficaz e dinámico alcalde de Cenlle, Gabriel Alén infórmame que esta mesma semana foron instaladas dúas novas sinais anunciando a cercanía da Vila Termal de Laias-Cenlle.

Unha está situado na autovía das Rías Baixas A-52 e outra na estrada nacional 120.

Estamos ante unha decisión moi acertada pois esta Vila Termal ten en Laias, un dos máis importantes balnerarios de Galicia, pertencente á cadea Caldaria.


E nas proximidades do pobo de Barbantes-Estación, na marxe do río Miño merece a pena coñecer a área Termal e de lecer que conta cun recinto de uso gratuíto formado por unha ampla zona axardinada onde poder tomar o sol, descansar ou simplemente contemplar a paisaxe e 3 pozas ou piscinas de auga termal.



Celebro  moito estas actuacións que estou seguro axudaran a dirixir a un maior número de visitantes a esta fermosa Vila Termal de Laias-Cenlle.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.