Comezou esta mañá no compostelán Pazo do Hórreo a décima lexislatura do Parlamento de Galicia
Os 75 parlamentarios (41 deputados do PP, os 14 de En Marea, os outros tantos do PSOE e os 6 do BNG) xuraron e prometeron os seus cargos.
Foron elixidos, para a presidencia do Parlamento Miguel Santalices Vieira.
Para a vicepresidencia primeira Diego Calvo e para a vicepresidencia segunda Eva Solla.
Para a vicepresidencia primeira Diego Calvo e para a vicepresidencia segunda Eva Solla.
A secretaria será Raquel Arias e Concepción Burgo, a vicesecretaría.
Miguel Santalices, nunha breve intervención, agradeceu a confianza do seu grupo e reclamou xa desde a presidencia que esta sexa a «lexislatura do respecto institucional» e puxo como obxectivo aos novos parlamentarios profundar na participación cidadá.
Parabéns a todos os novos deputados e moito éxito no exercicio da súa función en beneficio de Galicia.
Recibirá resposta
Recibirá resposta