lunes, 17 de octubre de 2016

A tan esperada rehabilitación do firme da N-525 entre Coles e Ourense

Nunha entrada desde blog do 5 de setembro daba contra de que nesa data o Ministerio de Fomento iniciaba unhas obras de rehabilitación do firme en diversos tramos urbanos das estradas estatais na cidade de Ourense e nos seus principais accesos, situados nos termos municipais de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas. 

O orzamento de adxudicación das citadas actuacións ascende a 716.909 euros. A empresa adxudicataria é Señalizaciones Villar S.A.

O sábado pola tardiña, fun no meu coche a ver como avanzan estas obras na estrada N-525 entre os quilómetros 241 ao 246 entre Coles e Ourense.

Neste momento está executada a rehabilitación do firme. E ademáis desenvolveranse distintas medidas de seguridade viaria neste tramo que é o de máis elevada accidentalidade da provincia, reforzando a sinalización horizontal e vertical. Así mesmo, se repintarán as marcas viarias.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta