El Rey afirma a necesidade de seguir avanzando e aplicando medidas que dinamicen e impulsen o crecemento das empresas familiares

Comezou hoxe en A Coruña o  XIX Congreso Nacional da Empresa Familiar, baixo o lema “Crecemento con raíces” e ao que asisten preto de 500 empresarios familiares procedentes de toda España.

O Instituto da Empresa Familiar (IEF), fundado en 1992,  é unha organización sen ánimo de lucro e ámbito estatal, que agrupa a un centenar de empresas familiares líderes nos seus sectores de actividade.

Todos os socios que forman parte do IEF son presidentes, conselleiros delegados ou membros do Consello de Administración das empresas das que son propietarios. As compañías asociadas no Instituto contan en conxunto con máis de 1,25 millóns de traballadores e o 33% delas teñen presenza nos cinco continentes.

Destacar a presenza no acto inaugural da súa Maxestade El Rey que na súa intervención destacou que: “la dimensión familiar tiene “un impacto positivo y significativo en la competitividad de las compañías que, generalmente, se asocia a su capacidad de internacionalizarse, de innovar, de formar capital humano, de acceder a la financiación y, en suma, de superar con mayor solvencia los periodos de crisis. Las empresas más estables, y más grandes, dan solidez al conjunto de la economía con contribuciones tan esenciales como la creación de empleo más estable, una cultura de mayor vinculación o identificación de los empleados con la empresa y sus directivos o la correspondiente -y necesaria- aportación a las arcas públicas”.
Tamén, El Rey destacou que “la empresa familiar ha apostado tradicionalmente por un crecimiento estable y sostenible cimentado en la cultura del esfuerzo y el coraje para afrontar los retos y aprovechar bien las oportunidades. Esa estabilidad en el crecimiento, junto a la transmisión generacional han sido sinónimos de permanencia, de duración en el tiempo, como lo demuestra la existencia de numerosas empresas centenarias, muchas de ellas representadas hoy aquí, que encarnan los mejores valores de la empresa”.
“Para el bien de todos, de nuestra economía y bienestar, es necesario seguir avanzando y aplicando medidas que dinamicen e impulsen el crecimiento de las empresas familiares, con sus especiales características y condicionantes” dixo Don Felipe.
A súa Maxestade el Rey estuvo acompañado por el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; el presidente del Instituto de la Empresa Familiar, Ignacio Osborne, entre otras personalidades.
Pola súa parte Alberto Núñez Feijóo,neste acto afirmou que Galicia é un territorio fértil para a empresa familiar e garantiu o compromiso da Xunta para seguir afrontando xuntos os retos do futuro.
Nesta liña, lembrou que a Comunidade galega non se limitou a lamentar situacións que puidesen nubrar o horizonte da empresa familiar. “Actuamos”, dixo, destacando que en xaneiro deste ano se puxo en marcha a rebaixa do Imposto de sucesións e doazóns, co propósito de favorecer as herdanzas empresariais, facilitando a transmisión e evitando que ese transo sexa un motivo de peche.
Así mesmo, salientou a posta en marcha da Lei do emprendemento que persigue a simplificación de trámites mediante a transformación da Administración nunha facilitadora de calquera iniciativa emprendedora. E referiuse tamén aos programas para o abaratamento do solo, así como ao impulso da internacionalización da empresa familiar, cun saldo que alcanza xa máis de 3.000 proxectos e cerca de 1.500 novas empresas exportadoras.
Sobre este segundo aspecto subliñou que nos últimos años o número de empresas exportadoras en Galicia se incrementou nun 30 por cento “e hoxe son máis de 6.335 as empresas galegas que están exportando”, abundou.
Consciente de que a continuidade segue sendo un reto, “xa que non todas as empresas familiares superan a terceira xeración”, Feijóo afirmou que ao tratar con familias empresarias de Galicia é fácil sentir que a empresa forma parte da identidade das persoas e que as persoas forman parte da identidade da empresa. Proba disto é que máis do 92% das empresas galegas son familiares; achegan máis do 86 por cento do emprego na Comunidade, cunha produtividade que supera a media española; e o 69% das 100 maiores empresas con sede en Galicia son familiares.
O presidente da Xunta en funcións concluíu expresando o seu desexo de que a continuidade, a estabilidade e a discreción, “principios definitorios das empresas presentes neste congreso”, se apliquen ao conxunto da vida nacional: “Necesitamos continuar un proxecto nacional que foi un éxito rotundo, sen que iso impida realizar as reformas que afiancen a modernización e cohesión do noso país. Precisamos unha estabilidade que nada ten que ver coa inmobilidade. E queremos un sosego que deixe a un lado actitudes grandilocuentes que nada resolven”, aseverou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.