Unhas actuacións, que comezaron en xullo e que acaban - hai escasos días - de permitir que se abrise totalmente o tráfico na ponte, polo que se pode circular con absoluta normalidade.
Lembremos a auténtica necesidade de executar estas obras de reparación das graves deficiencias que afectan a esta emblemática ponte, carcomida polo óxido e a falta de mantemento desde que se inaugurou en 2001.
O contrato para executar estas obras, por importe de 453.000 euros, foi adxudicado á compañía ourensá Extraco Construccións e Proxectos S.L.
Os traballos quedarán totalmente finalizados no mes de novembro, devolvéndolle así a funcionalidade a unha infraestrutura emblemática, que xa é estratéxica, desde o punto de vista da mobilidade, pero tamén polo seu atractivo turístico e por converterse nun elemento representativo da cidade.
Agardemos que unha vez rematadas estas obras, esta ponte reciba un axeitado respeto por parte dos usuarios. O patrimonio públicó é de todos e temos a obriga de coidalo.
Agardemos que unha vez rematadas estas obras, esta ponte reciba un axeitado respeto por parte dos usuarios. O patrimonio públicó é de todos e temos a obriga de coidalo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta