Volve a actividade plenaria ao Congreso dos Deputados

A próxima semana teremos actividade parlamentaria.

Así o Pleno do Congreso, convocado para o martes 27 de setembro, debaterá a creación dunha Comisión de Investigación sobre o uso dos recursos do Ministerio do Interior por parte do ministro en funcións, catro Proposicións non de Lei, seis propostas de creación de Comisións e a Dación de Contas da Deputación Permanente do Congreso dos Deputados da XI Lexislatura.

A sesión plenaria comezará unha vez que termine a convocada ás 16:00 coa solicitude de comparecencia do ministro de Economía e Competitividade en funcións, Luís de Guindos, para "explicar a proposta do Goberno para o nomeamento, como Director Executivo no Banco Mundial, de don José Manuel Soria", por parte dos Grupos Parlamentarios Socialista e Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea. Os Grupos Parlamentarios Mixto, Vasco (EAJ-PNV) e de Esquerra Republicana pediron que o ministro en funcións compareza polo mesmo motivo. 

O Pleno do Congreso debaterá despois catro Proposicións non de Lei (PnL). En primeiro lugar, a do Grupo Parlamentario Popular no Congreso "relativa a mellorar a eficacia das políticas activas de emprego". En segundo lugar, a do Grupo Parlamentario Socialista, "relativa a que o Goberno en funcións aprobe por Decreto-Lei, en caso de prórroga orzamentaria, o incremento das pensións públicas e das retribucións dos empregados públicos". 

A proposta do Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, tratarase unha PnL "relativa á eliminación das Portas Xiratorias". Por último, o Grupo Parlamentario Cidadáns, presentará o seu PnL "relativa a garantir que os suxeitos pasivos beneficiados pola regularización fiscal do ano 2012 tributen efectivamente ao tipo do 10%".

O Pleno decidirá tamén sobre as propostas de creación de seis comisións permanentes adicionais para que traballen temas especializados durante a XII Lexislatura: unha de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo; outra sobre Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable; para as Políticas Integrais da Discapacidade; para o Estudo do Cambio Climático; unha dedicada aos Dereitos da Infancia e Adolescencia; e, por último, unha Comisión para a auditoría da calidade democrática, a loita contra a corrupción e as reformas institucionais e legais. 

Acto seguido debateranse conxuntamente as dúas propostas de creación dunha comisión de investigación presentadas polo Grupo Socialista "sobre a utilización partidista no Ministerio do Interior, baixo o mandato do Ministro Fernández Díaz,  dos efectivos, medios e recursos do Departamento e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado con fins políticos"; e polos grupos Mixto e de ERC "sobre as actividades desenvolvidas polo Ministerio do Interior en aras a desestabilizar a política catalá e moi especialmente os procesos electorais en Cataluña". 

A dación de contas, informe no que a Deputación Permanente da XI Lexislatura expón os asuntos tratados no período de disolución á Cámara da XII Lexislatura, será o último tema que se trate antes de pechar a sesión.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.