sábado, 24 de septiembre de 2016

Eleccións 25-S: Feijóo en O Carballiño " Galicia non ten porqué imitar o que funcional mal. Votemos Sí á estabilidade"

Onte foi o último día da campaña electoral. 

No fermosísimo marco do Parque Municipal de O Carballiño participei nuun xantar-mitín presentado por Agrimiro Marnotes.

Manuel Baltar, fixo unha chamada á mobilización dos ourensáns ata o último momento, “para que o domingo pola noite teñamos un presidente elixido pola inmensa maioría dos galegos e non froito dun acordo contra eles”.

“Dende o minuto uno dixemos con toda claridade cal era o noso obxectivo: contribuír á terceira maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo para completar o labor de goberno iniciado no 2009”, engadiu o presidente provincial, que nesta liña apelou ao voto moderado, cunha mención expresa aos 13.000 votantes de Ciudadanos nas eleccións de xuño, afirmando que “no Partido Popular temos espazo para todos”.  

Baltar salientou a campaña dos populares ourensáns, “na que falamos de Ourense, de Galicia, de realidades e feitos, dun proxecto  e, sobre todo, do “si” fronte ao “non” e de futuro fronte a unha visión apocalíptica da nosa terra”. 

Unha campaña en positivo, dixo, cunha candidatura na que aportamos a experiencia na xestión do diñeiro público e perfectamente identificada coa idea de Ourense”.

E o  presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, solicitou votar si o vindeiro domingo ao que une á gran maioría dos galegos: estabilidade, moderación, responsabilidade, respecto, convivencia institucional, capacidade de resolución de problemas, benestar das familias e progreso para Galicia.

Amosouse convencido de que hai moitos galegos que se senten máis próximos ao que propón que ao que promoven ou favorecen os dirixentes dos partidos aos que votaron noutras ocasións; que son máis próximos aos obxectivos comúns que propoñen os populares que a un pacto coas Mareas de Podemos cos nacionalistas; e que son máis próximos ao goberno que propoñen que a que os seus votos volvan quedarse fóra do Parlamento e beneficien ao contrario que defenden.

Insistiu en que que gobernará para todos buscando sempre o que nos une. “Unha gran maioría dos galegos queren que se cree emprego e se melloren as condicións laborais; queren un país que actúe con responsabilidade e siga crecendo; queren servizos públicos sostibles e mellores; queren que se apoie ás familias, que se axude ás nais e pais na obriga máis importante da súa vida que e coidar un fillo; queren máis axudas para emprender; e queren estabilidade e seguir avanzando”  A esa gran maioría pediulles que vaian votar o domingo e el responderá traballando desde o mesmo luns.

Rematou diciendo: " Galicia non ten porqué imitar o que funcional mal. Votemos Sí á estabilidade"

Logo pola tarde estiven no barrio ourensán de A Ponte, percorrendo as súas rúas con moitos compañeiros do distrito para logo asistir nun gran mitín nos locais da AA.VV, que foi presentado por Pepe Araujo, e no que escoitamos a Miguel Santalices, Pedro Puy e Jesús Vázquez, que agradeceu o esforzó de todos nesta campaña e pedíu o voto para Alberto Núñez Feijóo

Conlue a campaña electoral en Ourense, na que se celebraron máis de 300 actos por todas as comarcas.

Agora o Partido Popular centra agora a súa actividade nos últimos preparativos para a xornada de votacións do domingo, na que grazas ao compromiso das agrupacións locais o Partido Popular contará con máis de 2.100 interventores e apoderados repartidos por toda a provincia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta