Eleccións 25-S: Os galegos volven a confiar no PP de Galicia

Hoxe foron chamados ás urnas case dous millóns oitocentas mil persoas. A maioría viven habitualmente en Galicia. Pero preto de medio millón teñen que exercer o seu dereito ao voto dende o estranxeiro. Arxentina é o país que máis electores achega.

Case 80.000 electores tiveron hoxe a oportunidade de votar por primeira vez. Eran os mozos que fixeron 18 anos dende as anteriores autonómicas, en outubro de 2012. 


E para exercer o dereito ao voto os 314 concellos galegos dispuseron de case catro mil mesas repartidas en 2.400 colexios electorais. 

Rematado o escrutinio no interior Galicia, Alberto Núñez Feijóo revalida a maioría absoluta ao manter os 41 deputados que acadara en 2012. 

Estos son os resultados:



PPdeG foi a forza máis votada nas catro provincias galegas e na maior parte dos concellos e nas sete cidades galegas. 

Na provincia da Coruña tivo 13 escanos, en Lugo 8, en Ourense 9 e en Pontevedra 11.

Nesta vitoria incontestable de Feijóo contribuíu de modo moi destacado o PP  de Ourense achegando nove deputados sobre un máximo de 14, co que incrementou un representante en relación aos comicios do 2012.

Os socialistas quedan en dous parlamentarios, fronte aos catro que tiña na anterior cita coas urnas fai catro anos. En Marea, pola súa banda, obtén dúas actas de deputado e o BNG salvou a representación que tiña na anterior lexislatura, co que segue cun escano. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta





Con la tecnología de Blogger.